15 de abril de 2024
A alcaldesa presidiu esta tarde o acto de ingreso de Cambrón como novo membro numerario do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses
A alcaldesa, e presidenta do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses, Inés Rey, presidiu esta tarde a cerimonia de ingreso de Ascensión Cambrón Infante como novo membro numerario da institución.
No acto, realizado no Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita, a rexedora puxo en valor o traballo e percorrido de Cambrón, filósofa e profesora nada en Córdoba e coruñesa de adopción. Durante a súa traxectoria, a nova integrante do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses centrou os seus estudos de investigación na figura de Ramón de la Sagra, importante sociólogo coruñés do século XIX e figura do progresismo sobre a que orbitou o discurso de ingreso de Cambrón esta tarde.
"O Instituto Cornide suma hoxe unha figura referencial no seu campo, no do coñecemento, pero tamén no do activismo, no das causas xustas. A mestra Cambrón destacou, e destaca, pola súa férrea defensa dos dereitos humanos, entendidos estes como un proceso aberto, que debería chegar, como así se conseguiu grazas ao traballo de persoas coma ela, ao dereito a unha morte digna. Os avances sociais están en débeda con figuras como a súa", incidiu a alcaldesa.
Á sesión de ingreso de Ascensión Cambrón asistiron, ademais, o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e a directora do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses, Ana Romero Masiá. Tamén Alfredo Vigo, María de la O Suárez, Xosé Antón Fraga e Emilio Grandío, integrantes do Instituto.
14 de mayo de 2024
13 de mayo de 2024
11 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible