9 de xuño de 2015
As pistas universitarias de INEF Galicia acollerán o vindeiro venres 12 unha nova xornada do circuíto Coruña Corre en Pista.
A Concellería de Deportes informa de que o vindeiro venres 12 de xuño se disputa a cuarta proba do circuíto Coruña Corre en Pista. A competición, organizada polo Club Coruña Comarca coa colaboración do Concello da Coruña, terá lugar nas pistas universitarias de INEF Galicia en Bastiagueiro.
O horario das distintas probas será o seguinte:
HORA | PROBAS EN PISTA | |
17:00 | 4X100 Masculino | Lonxitude masculina (Cadete en diante) |
17:15 | 4x100 Feminino | |
17:30 | 1000 m.l. Cadete masculino | |
17:35 | 600 m.l. Cadete feminino | |
17:40 | 300 m.l. Cadete masculino | |
17:55 | 300 m.l. Cadete feminino | |
18:10 | 100 m.l. Absoluto masculino | |
18:30 | 100 m.l. Absoluto feminino | |
19:00 | 400 m.l. Masculino | |
19:15 | 400 m. l. Feminino |
No capítulo regulamentario a participación estará reservada a atletas federados, mentres que no concurso de saltos, a táboa de lonxitude será única e estará a 3 metros do foso; así mesmo haberá saltos de mellora para as 8 mellores marcas.
A inscrición poderá formalizarse ata as 23:00 horas do mércores día 10 de maio, online na páxina da RFEA a través da seguinte ligazón, onde ao inscribirse se deberá indicar a mellor marca da tempada.
A entrega de dorsais terá lugar o mesmo día da competición ata 50 minutos antes da hora de saída de cada proba. Prégase aos clubs que devolvan canto antes os dorsais dos atletas que non vaian competir.
8 de maio de 2024
16 de abril de 2024
7 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible