Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Pseudolo - Noite Bohemia

Noite Bohemia trae a escena a comedia latina PSEUDOLO, directamente desde Roma, e sitúaa nos anos 80. Unha comedia creada por e para o publico coa única misión de facer rir, nin máis nin menos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/02/2017

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 5'00 €)

 

 

 

Televenda:

Ticketea

Falar de Pseudolo é falar, probablemente, da mellor e máis característica das comedias de Plauto, (séculos II-III a. C.) ten unha trama tópica, cuxo motivo central é o engano levado a cabo por un escravo contra unha traficante de mulleres chamada Baliona para arrebatarlle unha cortesá amada polo seu amo e que fora vendida a un soldado.

O mozo Calidoro ama apaixonadamente a Fenicia, unha cortesá que pertence ao traficante de mulleres chamada Baliona, pero non só carece de diñeiro necesario para rescatala, senón que, para maior desesperación, por unha carta da propia Fenicia, descobre que a súa amada fora vendida por vinte moedas a un soldado. Este xa pagou quince a conta e a Baliona só espera que un mensaxeiro seu, debidamente acreditado por un contrasinal, lle aboe as cinco restantes, para entregarlle a rapariga. O prazo fixado para a entrega expira, precisamente, aquel mesmo día. Na súa impotencia, Calidoro acode ao seu escravo Pseudolo, que lle promete solemnemente ao seu amo quitarlle a cortesá á escravista ou conseguir as vinte moedas necesarias para o pagamento do rescate.

Presume xa Pseudolo de ter un marabilloso plan madurando na súa cabeza, cando a oportuna chegada de Garras, un mensaxeiro con problemas de pronuncia, o mensaxeiro do soldado, vaille obrigar a abandonalo e forxar outro sobre a marcha.

 

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión