Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Filosolfando de Boneca Lareta

Boneca Lareta volve reunir a Xabier Deive e Luís Iglesia nesta nova produción. É a continuación natural, talvez a evolución necesaria, da anterior montaxe da produtora, Sede de Mal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/02/2016

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9.00 euros (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, 7.00 euros)

Venda anticipada: 6.00 euros  (ata o día anterior ás 23.59 h)

Nesta ocasión, os dous intérpretes soben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela, do máis mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle acontece a calquera, mesmo a un ninguén: A existencia! Esa é a cuestión e non o outra.

A filosofía proclama iso de que un ser humano “pensa, logo existe.” Pero... de verdade facemos unha cousa antes ca outra? Deive e Iglesia comezan nese punto a interpretar a partitura da obra, escrita e dirixida polo actor e director teatral Diego Rey. Se en Sede de Mal, Boneca Lareta propúñanos unha comedia a doce cordas sobre o lado escuro da vida, agora as cordas soan ao redor do lado menos sensato desa mesma vida de claroscuros. 

Con esta obra, volven xuntarse sobre o escenario e grazas a Boneca Lareta dous dos actores máis importantes e coñecidos do mundo teatral galego. Falamos de Luís Iglesia e Xabier Deive. O primeiro é coñecido principalmente polo seu papel en series como Pazo de Familia ou Matalobos e varios programas de TVG. No teatro, ademais, traballou habitualmente na compañía Teatro do Aquí en montaxes como Rastros, de Vidal Bolaño. Deive, pola súa banda, é un actor de longo percorrido no audiovisual galego, con personaxes moi relevantes en series como A vida por diante ou Matalobos e actor habitual de series de ámbito estatal.

 

Venda de entradas:

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Forum: só días de función, desde unha hora antes do espectáculo.

Televenta: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 h a 22.00 h, domingos de 16.00 a 21.00 h) - www.ticketea.com (servizo permanente 24 h )

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión