Con Blanca Portillo.
Para público en xeral
Dende o 06/11/2015 ata o 07/11/2015
Xa rematou
Dende o 06/11/2015 ata o 07/11/2015
20.30 h.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xoven, +65 anos, desempregados, -20%, previa presentación do documento que acredite o devandito desconto).
*Venda de entradas soltas a partir do 7 de setembro.
As nosas raíces son católicas. Educados no seo dunha cultura cristiá, convivimos a cotío cunha chea de símbolos relixiosos. Colm Toibin puxo o foco nun deles: a Virxe María. E descúbrenos que detrás desa icona da Virxe hai un ser humano: María de Nazaret. Unha sinxela muller de campo, cuxo único fillo lle é arrebatado por unha decisión divina que non comprende e por un terrible odio humano que lle inflixe a maior das dores ao cravalo nunha cruz.
O texto de Coibin chéganos coa voz e figura de Blanca Portillo. Nesta actriz descansa a parte primordial do traballo. É un monólogo complexo e con moitos matices. A emoción en estado puro, sen artificios, é o que debe prevalecer, eliminando todo o que nos separa dese sentimento enfebrecido.
A escenografía de Frederic Amat convirte o exilio, na súa casa de Éfeso, nunha especie de habitación-retablo da memoria. Nela o noso personaxe, xa na vellez, revive momentos da súa vida. Fermosos algúns, terribles outros. E recréaos coma se nas súas solitarias e longas noites, lles dese forma a esas pantasmas do pasado e con eles descóbresenos a muller que realmente é, non a que toda a humanidade quixo facer dela.
Con Blanca Portillo.
Dirección: Agustí Villaronga.
Autor: Colm Tòibín.
En coprodución con Centro Dramático Nacional, Festival Grec e Avance Producciones Teatrales.
Duración: 65 minutos.
Venda de entradas:
Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos de 9.00 a 21.00 h.
Televenda: 902 504 500.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
14/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible