24 de xaneiro de 2024
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ampliación do complexo deportivo Agra I no Agra do Orzán, A Coruña (expediente 631/2023/121).
A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 24 de xaneiro de 2024, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "ESTUDO DE DETALLE PARA AMPLIACIÓN DO COMPLEXO DEPORTIVO AGRA I NO AGRA DO ORZÁN. XUÑO 2023", promovido por Desafíos Deportivos Forus S.L.U. e redactado por J. Ignacio Triana.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2024
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable dá Área de Economía e Planificación Urbana
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible