Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2024

Finaliza o prazo para presentar o Informe de Avaliación de Edificios (IAE)

O 20/05/2024 finaliza o prazo de presentación do IAE para todos os inmobles que na data 12/04/2022 estivesen catalogados ou tivesen máis de 50 anos.

Na seguinte táboa infórmase de cales son os edificios obrigados a presentar o IAE e os prazos máximos para a súa presentación.

Calendario de presentación do IAE

Edificios obrigados

Prazo de presentación

Edificios de calquera uso (excepto os non residenciais das normas zonais 6 e 7) que teñan máis de 50 anos na data 12.04.22

Ata o 20/05/2024

Edificios catalogados de menos de 50 anos na data 12.04.22

Ata o 20/05/2024

Edificios de calquera uso (excepto os non residenciais das normas zonais 6 e 7) que alcancen a antigüidade de máis de 50 anos con posterioridade ao 12.04.22

O prazo do ano natural seguinte á data na que cumpran os 50 anos

Edificios de calquera uso que se cataloguen con posterioridade ao 12.04.22

O prazo do ano natural seguinte á data na que se cataloguen

O cumprimento da obriga de presentación do IAE non precisa requirimento previo por parte da Administración, estando os inmobles obrigados polo mero feito de cumprir calquera das circunstancias sinaladas, de conformidade co disposto no Decreto 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación de edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación de Edificios.

As persoas obrigadas á presentación do IAE segundo a táboa anterior poderán acollerse á suspensión da devandita obriga sempre que antes da finalización do prazo de presentación soliciten ou presenten o título habilitante que corresponda (licenza ou comunicación previa) para executar todas as obras necesarias para que o IAE sexa favorable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión