Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actualidade do plan

Craft Show - Colectivo DASARTES

Os días 24, 25 e 26 de xullo no espazo B58 na rúa Barcelona, o Colectivo DASARTES vai participar no programa TEST", ferramenta de Urbana-C, realizando un Craft Show de promoción do Craft como axente de dinamización urbana.

Cando:

Dende o 24/07/2014 ata o 26/07/2014

Xa rematou

Ademais de presentar o Colectivo DASARTES, os seus obxectivos, deseños e liñas de traballo, tamén realizarán eventos de “craft” en vivo: talleres DIY e unha quedada do Club do Craft.

Anímate a visitalos en calquera momento e sentar no seu salonciño a tecer un Yarncrossing ou unha peza da Colcha dos 100 Bos Desexos.

Tamén instalarán un pequeno laboratorio urbano para construír entre todos un mural colectivo sobre a Agra do Orzán e reflexionar sobre o deseño urbano do barrio.

Colectivo DASARTES realizará un hilorama, “Tecendo o espazo e a memoria: o teu barrio, a Agra”, que servirá de soporte a InstAGRA, a exposición de fotografías antigas do Colectivo 1aun, e do laboratorio urbano do Colectivo DASARTES.

O dito laboratorio ten por obxectivo reflexionar sobre a Agra do Orzán: as súas orixes, a súa identidade, a súa problemática, as súas oportunidades, as súas carencias e as súas esperanzas.
Para iso brindarase a posibilidade de achegar, por parte da cidadanía e dos artistas e colectivos, reflexións e anécdotas, esperanzas, ideas, fotos, debuxos, … en resumo, todo tipo de material que se desexe compartir.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión