Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Al Detalle

Trámite

Estes elementos poden ser de axuda

Solicitude online

Solicitude Tarxeta Coruña Millennium

Que é?

A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús, a O.R.A., ou empregar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos dende o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cousas máis.

 

Que se necesita?

Contrato de solicitude debidamente cuberto e asinado.

Taxas da solicitude.

 

Onde se fai?

Acudindo ás oficinas do Concello:

Rexistro municipal de María Pita
Praza de María Pita, 1. CP: 15001

Rexistro do Fórum Metropolitano
Rúa Río de Monelos, 1. CP: 15006

Oficina de Tarxeta Millennium
Estación de autobuses

Tamén se pode solicitar a través da web dispoñendo dun certificado dixital.