Solicitude de certificado dixital
Que é?
É un documento dixital que contén, entre outros, os seus datos identificativos. Así, o certificado dixital permítelle identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas coa garantía de que só Vde. e o seu interlocutor poden acceder a ela.
Que se necesita?
O certificado dixital emprégase a través do seu propio navegador e non é necesaria a instalación de ningún programa adicional. Ademais, é gratuíto.
Cando solicita un certificado de usuario, o seu navegador xera un par de claves. A clave privada gárdase no seu navegador e a clave pública envíase á FNMT-RCM. A FNMT-RCM asignaralle un código de solicitude a esa clave que lle será remitido vía web. Entón deberá presentarse nunha oficina de acreditación co seu documento de identidade e o dito código. Finalmente, despois da acreditación, poderá proceder á descarga do certificado vía web. Este quedará instalado no seu navegador.
Onde se fai?
Oficinas de acreditación