Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sting

Confirmado un dos concertos máis importantes do próximo ano en Galicia!! STING actuará na Coruña o próximo 14 de xullo do 2015!!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/07/2015

Xa rematou

Horario:

22:00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

45, 55, 65 e 70 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

+ información...

Organiza:

IMCE

Nunha xira que comezará a finais de Xuño do 2015, o prestixioso músico xunto coa súa banda repasará moitos dos seus grandes éxitos, tanto da etapa en THE POLICE como da súa traxectoria en solitario.

16 premios Grammy, 2 Brit Awards, un Emmy, un Globo de ouro, 3 veces proposto aos Óscar, 2 Ivor Novello, 1 León de Ouro en Cannes, Sting superou os 100 millóns de discos vendidos ao longo dos seus máis de 25 anos de exitosa carreira.

No 1991 Sting inauguraba as actuacións internacionais no Coliseum da Coruña cun concerto para o recordo. Agora en 2015, 24 anos despois, volve á cidade herculina coa súa nova xira. Unha oportunidade única para oir grandes cancións que están entre as máis importantes da historia da música pop.

O concerto terá lugar o vindeiro martes 14 Xullo ás 22:00 h no Coliseum da Coruña. As entradas poderanse mercar desde este venres 19 Decembro a partir das 17:00 h a través de: www.servinova.com, no tlf 902 504 500, www.ticketmaster.es, www.livenation.es e no Despacho de billetes da Praza de Ourense na Coruña.

 

Biografía

Compositor, cantante, actor, autor e activista, Sting naceu en Newcastle, Inglaterra.

En 1977 múdase a Londres para formar, xunto con Stewart Copeland e Andy Summers The Police. A banda publicou 5 álbums de estudo, gañou 6 premios Grammy, 2 Brits e foi incluída no Rock and Roll Hall of Fame no 2003.

Desde 1989, Sting publicou 14 discos en solitario e recibiu outros 10 premios Grammy, 2 Brits, un Globo de Ouro, un Emmy, foi proposto 3 veces aos Óscar, o Billboard Magazine Century Award, o MusiCares 2004 Person of the Year e máis recentemente o prestixioso Kennedy Center Honors. Tamén é membro do Songwriters Hall of Fame.

Ao longo da súa consolidada carreira, vendeu máis de 100 millóns de discos entre os seus traballos con The Police e os seus proxectos en solitario.

The Last Ship, o seu último lanzamento, está inspirado nos seus recordos do sector naval de Wallsend, no nordés de Inglaterra, onde naceu e se criou.

Un musical chamado igual The Last Ship, con música e letra de Sting, presentouse recentemente en Broadway e foi descrito pola Associated Press como "Sensacional, intensas actuacións, excepcionais cancións e verdadeiro corazón".

Recietemente anunciouse que Sting volveu aos escenarios de Broadway o pasado 9 Decembro para participar neste musical, interpretando o papel de Jackie White durante un tempo.

Sting apareceu en máis de 15 películas e é autor de 2 libros (incluído Broken Music unha das autobiografías máis vendidas segundo o New York Times).

É coñecido o seu apoio ás organizacións en defensa dos dereitos humanos.

Xunto coa súa muller Trudie Styler, fundou a Rainforest Fund en 1989 para protexer tanto os bosques tropicais do mundo como os pobos indíxenas que alí viven.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9:30 h a 13:00 h e de 16:30 ha 19:30 h.

Sede Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9:00 h a 21:00 h

Despacho de billetes Coliseum: día do concerto desde as 17:00 h

Televenta: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión