Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas #CulturaCoruña

O Concello da Coruña impulsa o ciclo #CulturaCoruna, no que a través de mesas redondas mostrarase como as cidades poden transformarse e desenvolverse a través de iniciativas culturais e creativas.

A quen vai dirixido?:

Emprendedores do ámbito das Industrias Culturais e Creativas, estudantes de último curso de estudos relacionados coas artes, creatividade, arquitectura ou o deseño, entre outras especialidades, técnicos de promoción económica, empresas e asociacións empresariais, responsables políticos, xestores culturais, profesionais e á cidadanía en xeral.

Cando:

Dende o 09/10/2014 ata o 10/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/09/2014 ata o 08/10/2014

Horario:

  • BLOQUE 1: xoves 9, de 16.30 a 20.30 h.
  • BLOQUE 2: venres 10, de 10.00 a 14.00 h.
  • BLOQUE 3: venres 10, de 16.00 a 21.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa a través do correo jornadasindustriasculturales@coruna.es

Páxina web:

www.coruna.es/urban

Documentos:

Programa (1 MB)

O ciclo #CulturaCoruna co lema "Na Coruña, a cultura é cidade" pretende mostrar como as cidades poden transformar o seu modelo e mellorar as condicións de vida da cidadanía mediante o impulso de iniciativas da Industria Cultural e Creativa, prestando atención á creación, á cultura e a creatividade, esenciais para a diversidade cultural, e para a contribución ao desenvolvemento económico e social das cidades e dos territorios.

#CulturaCoruna enmárcase no proxecto Urbana-C, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As xornadas #CulturaCoruna teñen como principal obxectivo dar a coñecer a importancia das Industrias Culturais e Creativas como sector económico a través da súa contribución á transformación das cidades e dos territorios. Así mesmo preténdese abordar os mecanismos específicos de impulso e financiamento de proxectos empresariais nestes sectores e por último dinamizar a actividade cultural do barrio da Agra do Orzán atraendo visitantes a el a través de eventos de carácter cultural.

Un programa de 20 expertos que achegará as experiencias de transformación e posicionamento de cidades como Ámsterdam, Porto e Málaga.

As xornadas #CulturaCoruna foron estruturadas en tres bloques temáticos:

BLOQUE I: Emprendemento cultural e creativo

O programa #CulturaCoruna arrincará o xoves 9 de outubro en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 h. Este primeiro bloque está orientado principalmente a emprendedores culturais e creativos, e dividirase en dúas mesas redondas.

A primeira das mesas sobre financiamento que moderará Gonzalo López, responsable de xestión de artistas de Sony Music achegará os mecanismos financeiros de impulso e consolidación de iniciativas empresariais das Industrias Culturais e Creativas como o crowdfunding, businnes angels, capital semente, roldas de financiamento específico... Esta mesa contará coas plataformas de Crowdfunding Verkami e Telefónica-Open Future Galicia, xunto a ENISA, Empresa Nacional de Innovación.

A segunda mesa centrada na promoción e o márketing dixital que moderará Isidro Fernández, responsable de márketing de R Cable, contará con Elena Neira, autora de "El espectador social"; Álvaro Rebollo, responsable de Márketing Digital de Sony Music e a

Este primeiro día cerrará cun evento networking entre todas as persoas participantes.

BLOQUE II: Estratexias de promoción da cultura e a creatividade

O segundo día que será inaugurado por Ana María Fernández, concelleira de Cultura do Concello da Coruña reunirá nunha primeira parte máis institucional a Néstor Nongo, conselleiro técnico de Promoción de Industrias Culturales y Mecenazgo da Secretaría de Estado de Cultura co seu relato sobre a cultura na estratexia de desenvolvemento.

Tras a súa intervención Tamar Lavado de Europa Creativa Desk (subprograma cultura) intervirá cun relatorio sobre o novo programa Europa Creativa. A mañá cerrarase coa mesa sobre "Políticas de apoio á cultura e á creatividade",moderada por Jacobo Sutil, director de AGADIC, onde contaremos coas experiencias e visións dos representantes de Addict (Clúster das Industrias Creativas do Norte de Portugal), a Fundación SGAE e o ICEX.

BLOQUE III: Industrias culturais e creativas motor de cambio da cidade

O encargado de abrir a sesión da tarde e este terceiro bloque temático será Jam Willem, experto en xestión cultural e exdirector do Rijksmuseum (2002-2010), que conta con máis de 20 anos de experiencia na industria publicitaria. Achegará a súa experiencia sobre a transformación da cidade de Ámsterdam a través do relatorio "The art of city branding".

Na mesa de experiencias de transformación urbana e posicionamento das cidades a través da cultura poderemos escoitar os casos do Porto, Liverpool e Amsterdam, moderados por Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía.

Ás 19.00 h será clausurado o ciclo #CulturaCoruna cunha proxección audiovisual.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión