Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO

Agra Directo é un Festival impulsado pola Concellería de Cultura do Concello de Coruña que se realiza no barrio da Agra do Orzán entre os días 29 de setembro e 26 outubro. Unha gran cita que persegue a transformación progresiva do barrio en distrito artístico e punto cultural de referencia dentro e fóra da Coruña.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral.

Cando:

Dende o 29/09/2014 ata o 26/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítas.

Requisitos:

Moitas actividades teñen inscrición previa en agradirecto@coruna.es . Consulta o formulario de inscrición previa dentro da ficha de cada actividade.

O prazo de inscrición finaliza 2 días antes do comezo de cada actividade.

No caso de inscrición de menores, é necesario presentar unha autorización asinada de pai/nai ou titor/a.

Páxina web:

http://www.coruna.es/agradirecto

Organiza:

Agra Directo forma parte do proxecto Urbana C da Concellería de Cultura do Concello da Coruña co financiamento dos fondos europeos FEDER.

Agra Directo é tamén un foco de difusión de arte emerxente e un trampolín para creadores locais que mostrarán proxectos artísticos de maneira aberta e gratuíta nas rúas, prazas e comercios do barrio contando coa participación de todos os veciños.

A sección oficial divídese en CATRO EIXOS TEMÁTICOS, un por cada unha das catro semanas do Festival: Arte urbana, Fotografía, Sostenibilidade e Artes escénicas.

Pola súa banda, o Festival Off converterá os comercios do barrio (tendas, bares, restaurantes…) en escenario de creación cultural durante as fins de semana.

Talleres, proxeccións audiovisuais, exposicións, encontros ou representacións de artes visuais, escénicas e musicais, vertebran o programa de actividades dun festival cuxo fin é a procura da pluralidade. Intervencións artísticas no mobiliario urbano, elaboración e representación dunha obra teatral, talleres para crear unha cámara de fotos estenopeica, para potenciar a expresión creativa ou para aprender a planificar cultivos ecolóxicos; o percorrido fotográfico polo barrio para capturar espazos, xente e costumes del; a instalación dun ecograffiti de musgo, o proceso pictórico para facer un mural colectivo ou os xogos de luz e cor nas ventás de edificios emblemáticos do barrio.

O centro Ágora será sede de gran parte das actividades, a maioría delas de inscrición previa a través da web www.coruna.es/agradirecto ou presencialmente no Ágora. Xa está aberto o prazo de inscrición gratuíto para o groso das devanditas actividades.

As actividades desenvolvésense nas rúas e comercios da Agra do Orzán e no Ágora.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión