Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruñafilm 2013

Encontros co cinema

Cando:

Os días 03/10/2013, 04/10/2013, 05/10/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

Programa Coruñafilm 2013 (4 MB)

O Coruñafilm é un encontro cinematográfico entre profesionais da industria, novos creadores, estudantes e afeccionados á sétima arte, en todos os seus xéneros e formatos. Organizado polo Concello da Coruña, realizarase do 3 ao 5 de outubro no Centro Ágora. 

Máis de 20 actividades gratuítas permitirán a difusión e o intercambio de proxectos e ferramentas, promovendo o debate, a reflexión, a práctica e a colaboración entre todos os participantes.

Os obxectivos do Coruñafilm son: ensinar como se fai cinema, propoñer ideas e métodos, orientar sobre as saídas profesionais da industria, reflexionar sobre novos modelos de produción e achegar o mundo da curtametraxe ao público de todas as idades.

O Coruñafilm está dirixido a quen fai cinema e a quen desexa facelo; a todos os que o aman e desexan compartilo. Unha cita imprescindible que propiciará o encontro entre novos creadores e consagrados cineastas e profesionais da creación audiovisual en distintas áreas… Unha oportunidade para compartir experiencias, valorar traballos, debater sobre novos modelos e coñecer as reviravoltas da industria do cinema. 

A programación de Coruñafilm aglutinará actividades didácticas e lúdicas arredor da sétima arte dirixidas a todos os públicos: proxeccións de curtas, encontros profesionais, talleres, debates, rodaxes express, actividades para nenos e adolescentes, networking.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión