Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fórum Metropolitano - Programa de Lecer de outono 2012

Oferta de talleres, clubs e círculos que se levarán a cabo no Fórum Metropolitano no outono.

Como cada ano á volta das vacacións, o Fórum Metropolitano renova a súa grande oferta de talleres de lecer, clubs e círculos, coa sa intención de seguir mantendo vivo o interese do público fiel que neles participa, e ao mesmo tempo, convidar a que o fagan a todos aqueles que teñan inquietudes e ganas de seguir aprendendo.

Cunha oferta de 44 talleres repartidos ao longo da semana, en horarios tanto de mañás como de tardes, e destinados a todo tipo de público, dende os máis pequenos ata adultos de todas as idades, a oferta complétase coa información da actividade que os 11 clubs e 3 círculos desenvolven nas instalacións do edificio.

En definitiva, unha oportunidade única, que non debes deixar escapar, de seguir evolucionando como persoa, sempre dende a perspectiva que nos ofrecen o lecer e a cultura.

Entre o luns 10 de setembro e o mércores 12 de setembro levarase a cabo na Conserxería do Fórum a inscrición previa para todas as actividades, que darán comezo o próximo 1 de outubro.

Non dubides en consultar o programa completo de actividades que se achega na noticia en formato pdf para estar ao tanto de todo o que no Fórum terá lugar, así como as datas nas que se abrirán as prazas de inscrición previa e matrícula.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión