Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Silvia Pérez Cruz

Concerto dunha das voces máis sobrecolledoras dos últimos tempos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/06/2016

Xa rematou

Horario:

21.00 h

(Apertura de portas: 20.30 h)

 

 

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

17'00, 20'00, 22'00 euros

Televenda:

Ticketea

Sílvia Pérez Cruz fala a linguaxe da música desde que ten uso de razón, creceu entre cancións populares ibéricas e latinoamericanas, educouse no clásico e o jazz. Contaxiada polo flamenco a través dunha conexión que parece sobrenatural, canta dunha forma que só é súa e fai estremecer.

Sería imposible encadrar a Sílvia Pérez Cruz nun só estilo. É versátil e inconfundiblemente persoal. Dúas calidades que raramente coinciden e en cambio a ela defínena. É fiel aos diferentes estilos que aborda sen deixar de ser, en ningún momento, ela mesma.

Formou parte de infinidade de discos e proxectos. Co contrabaixista Javier Colina rescatou o filin cubano e formou dúo ocasional con Toti Soler. Debutou como compositora e solista con '11 de novembre' (Universal, 2012), que uniu éxito de público e crítica e polo que recibiu un disco de ouro. Este ano recibiu outro polo seu último traballo editado, 'Granada' (Universal, 2014), publicado a dúo con Raül Fernandez (Refree), con quen tamén coproduciu o anterior.

Recentemente participou na composición e gravación da banda sonora de 'Cerca de tu casa', de Eduard Cortés, unha película sobre os desafiuzamentos que ademais protagonizou e que está pendente de estrear. Tamén foi a voz da película 'Blancanieves' de Pablo Berger, gañadora de 10 goyas en 2013, entre eles, o de mellor canción orixinal.

 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (Temporalmente situada no Teatro Rosalía no mesmo horario)

Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 h ata o inicio do concerto.

Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión