Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axel Hütte, paisaxe escindida

Definidor dun estilo propio, o fotógrafo Axel Hütte (Essen, Alemaña, 1951) é considerado como un dos principais representantes internacionais da fotografía de paisaxe.

Cando:

Dende o 26/09/2013 ata o 01/12/2013

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Enderezo:

Quiosco Alfonso

Prezo:

Entrada gratuíta.

Axel Hütte forma parte da xeración de fotógrafos xurdidos na prestixiosa escola de Düsseldorf. A súa obra está presente en importantes coleccións como as do Centre Georges Pompidou de París, a Fundación Jumex en México DF, a Hamburger Kunsthalle en Alemaña ou o Museo Reina Sofía de Madrid.

A exposición, comisariada por David Varro, conta cun total de 24 obras de gran formato e é unha reflexión sobre o seu traballo en relación coa historia da pintura.

Co título "Axel Hütte. Paisaxe escindida", preséntase unha exposición e un libro que inciden en como un artista como Axel Hütte (Essen, Alemaña, 1951) inaugura unha nova forma de mirar e reflexionar sobre a paisaxe como xénero. Nas súas imaxes todo permanece aberto e o que podemos ver é tan importante como o que non accedemos a ver. É a imaxinación a que completa os fragmentos que permanecen baleiros; o subxectivo, o persoal, cobra un protagonismo esencial. A tensión entre o que se esconde e o que se mostra pode ligarse á paisaxe como desposesión propia do Romanticismo, cando desaparecen as figuras e os horizontes ábrense cara ao todo e cara á nada, e a viaxe tórnase unha experiencia máis interior. Isto é así cando Axel Hütte penetra no escuro das cidades, cando se sitúa ante unha paisaxe densamente anubrada ou as veces que se mergulla na auga para capturar o reflexo, desdobrando a realidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión