Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ritmo mareiro

Vari Caramés (Ferrol, 1953) presenta esta exposición que é unha itinerancia que comezou na Sala Rekalde de Bilbao e finaliza aquí.

Cando:

Dende o 18/02/2013 ata o 26/05/2013

Xa rematou

Enderezo:

Quiosco Alfonso

Ritmo mareiro é unha metáfora do paso do tempo que resume tanto a traxectoria do fotógrafo dende o arranque dos anos 80 ata a actualidade, como as súas principais referencias, iconografía e estética. A exposición repasa as series máis significativas do autor e desempoa algunhas fotos inéditas.

Vari comezou a súa carreira aos 15 anos, e dende entón segue investigando e experimentando sen que a súa curiosidade minguase un chisco e mantén un pacto coa súa cámara analóxica, para que a visión de ambos dea como resultado unha fotografía desenfocada que asombra e namora.
Vari Caramés emprega a fotografía achegándose á súa relación coa pintura. A imaxe como documento queda relegada a un plano invisible, e son os aspectos formais aqueles que cobran o protagonismo.

O autor forza así o distanciamento entre significante e significado, procurando imaxes neutras que oscilan entre o figurativo e o abstracto, á vez que incorpora á súa filosofía visual o cotián. As súas fotografías atópanse entre os fondos de importantes coleccións, tanto privadas como públicas: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), Círculo de Belas Artes (Madrid), Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), Instituto Valenciano de Arte Moderna (Valencia. Colección Gabriel Cualladó) ou Colección MACUF (A Coruña), entre outros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión