Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición - Homenaxe a Salvador Corroto

A presente exposición ten un sentido e un significado claros: render homenaxe á figura de Salvador Corroto Parra, un dos principais galeristas que tivo a nosa cidade.

Cando:

Dende o 21/01/2013 ata o 17/03/2013

Xa rematou

Horario:

Horario: de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h, todos os días.

Enderezo:

Sala de Exposicións do Palacio Municipal

Organiza:

Concellería de Cultura do Concello da Coruña

A súa Galería Atlántica foi durante as súas dúas décadas de dedicación auténtica referencia, tanto para as grandes firmas ás que atraeu, como polo seu apoio aos artistas que xurdían e aos que potenciou.

O 22 de febreiro de 2012 falecía Salvador Corroto na Coruña, aos 64 anos de idade, deixando tras de si un inmenso labor cultural. Queremos que esta exposición sirva para mostrar o recoñecemento e gratitude dos coruñeses. A limitación de espazo fixo imposible reunir obra de todos os artistas que tiveron relación con Salvador e por iso tivemos que reducir o número de obras desta exposición-homenaxe e elixir a aqueles artistas vivos que tivesen unha relación máis estreita con el, que seguisen máis de preto a evolución da súa galería de arte e que en definitiva se identificasen coa forma en que el vía, sentía e admiraba a arte. En total son 39 obras doutros tantos autores que nos axudarán a entender mellor a súa ampla visión da creación artística contemporánea.

Os autores representados son: Carlos Albert, Juan Alcalde, Ali Ali, Darío A. Basso, Moncho Borrajo, Batís Campillo, Rafael Canogar, Luis Carré, Eva Carrera, Luis Caruncho, Javier Correa Corredoira, Manuel de las Casas, Alfonso Costa, Carlota Cuesta, Xaquín Chaves, Farreras, Yolanda Ferrer, Pepe Galán, Dolores Gálvez, Xulio García Rivas, Fidel Goás, Márgara Hernández, Loureiro, María Loureiro, Xoti de Luis, Jorge Llorca, José Luis Martínez, Din Matamoro, Vítor Mejuto, Manuel Moldes, Mariví Nebreda, María Joâo Oliveira, Xurxo Oro Claro, Francisco Pazos, Soledad Penalta, Paco Pestana, Manuel Ruibal, Blanca Silva, Miguel Zelada.

Xunto a eles, nove autores (Pepa Cerviño, Juan Ferrán Bello, Mª Rosa Gómez, Olga Patiño Nogueira, Ánxeles Penas, Paco Pestana, Mercedes Rozas, Xavier Seoane, Xulio Valcárcel) deixaron os seus textos nas paredes da sala, achegándonos a transcendencia de Salvador Corroto.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión