Concello da Coruña

Concello da Coruña

CAMPAMENTOS URBANOS VERÁN 2016

Xa temos resultado do sorteo. O número de Forum é o 463 e o número de Ágora o 234. O luns 9 poderán consultar, nas conserxarías dos respectivos centros, as listaxes de admitidos e facer o pagamento no caso de ter algunha quenda adxudicada.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 27/06/2016 ata o 31/08/2016

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/05/2016 ata o 04/05/2016

Horario:

de 10 a 14 horas

 

Prezo:

35.00 euros por participante e quenda

Ampliación horario: 5.00 euros

 

Contacto:

Fórum Metropolitano 981 184 293

Centro Ágora 981 189 888

 

Documentos:

Resultados do sorteo en Ágora (211 KB)

Resultados do sorteo en Forum (521 KB)

PARTICIPANTES

Poderán participar os nenos e nenas nados entre 2004 e 2012, agrupados por idades.

DURACIÓN E HORARIO

Quendas de 2 semanas, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas.

As familias que o desexen poderán solicitar, no momento da preinscrición, a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h.

Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para tomar un almorzo, que traerá cada participante.

O último día da quenda do campamento o horario prolongarase até as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia, na que cada participante levará a súa comida.

QUENDAS

1ª quenda: do 27 de xuño ao 8 de xullo

2ª quenda: do 11 de xullo ao 22 de xullo

3ª quenda: do 26 de xullo ao 5 de agosto

4ª quenda: do 8 de agosto ao 19 de agosto (o día 15 de agosto non teremos campamento)

5ª quenda: do 22 de agosto ao 2 de setembro

COTA

35 euros por participante e quenda.

Ampliación de horario: 5 euros.

CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN:

  • Preinscrición: do 2 ao 4 de maio
  • Sorteo público: 5 de maio 10.00 h, no centro correspondente.
    • NÚMERO DE FORUM: 463.
    • NÚMERO DE ÁGORA: 234.
  • Publicación de listaxes de admitidos e listaxes de espera: 9 de maio.
  • Inscrición e aboamento: do 10 ao 13 de maio (ambos incluídos).

No caso de que non realizar o pago, quedará a praza vacante e procederase a chamar as persoas solicitantes da listaxe de agarda.

  • Inscrición de solicitantes na listaxe de agarda (contactarase telefonicamente no caso de obter praza): do 18 ao 20 de maio
  • Prazas libres: a partir do 23 de maio, por rigorosa orde de chegada no caso de quedar prazas vacantes.

MODO DE PREINSCRICIÓN:

Pódense solicitar todas as quendas que se desexen, por orde de preferencia.

Poderase realizar de 2 xeitos:

  • Presencial: nas conserxarías do centro no que se desexe realizar o campamento, Ágora ou Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.
  • Telemática: 
    • Se quere preinscribirse no Forum Metropolitano, pinche aquí.
    • Se quere preinscribirse no Centro Ágora, pinche aquí.

Iniciarase o día 2 de maio a partir das  9.00 h e rematará o día 4 de maio ás 20.00 h.

Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:

As prazas adxudicaranse a partir do nº de preinscrición que saia agraciado no sorteo público.

Tratarase de conceder polo menos unha quenda a todos os solicitantes, antes de conceder unha segunda quenda.

Se a primeira ou última praza lle corresponde a un neno ou nena cun irmán/a preinscrito consecutivamente, ambos os dous obterán praza.

TEMÁTICA DE CADA QUENDA

1.ª quenda – “Castrexos na cidade” Descubriremos os primeiros poboadores da nosa cidade. Apreciaremos e valoraremos o patrimonio que nos ofrecen os castros, gozando de todo o intrigante e descoñecida que pode resultar esta cultura. Faremos unha viaxe ao pasado e coñeceremos un pouco máis da sociedade que formaban os castrexos onde o respecto aos maiores e á natureza eran características da súa identidade.

2.ª quenda – “Para todas e de todos” Están para todo o que os necesitemos. Son profesionais con oficios próximos a nós, pero que ao mesmo tempo son pouco coñecidos. Descubriremos en que consisten os seus traballos e todo o que fan pola sociedade na que vivimos. Os bombeiros, a policía nacional e local, o Samur, o Helimer Galicia, Protección Civil e un longo número de persoas dispostas a axudarnos cada día.

3.ª quenda – “Creadores urbanos” A arte urbana forma parte do noso día a día. Iremos na procura de descubrilo e facer innumerables creacións artísticas onde a nosa imaxinación e creatividade sexan o noso límite. Descubriremos innumerables xeitos de facer as nosas creacións empregando para iso materiais tan distintos que xamais imaxinariamos.

4.ª quenda – “Un misterio en cada libro” A través de adiviñas, enigmas e probas buscaremos infinidade de segredos, coñeceremos e descubriremos dun xeito diferente os libros, a cidade, os personaxes, o medio que nos rodea e un longo etcétera.

5.ª quenda – “H2O” Como todos sabemos, a auga é un elemento imprescindible para a vida. De feito, estamos rodeados dela; encontrámola no mar, nos ríos, nos diferentes obxectos … Tamén a literatura nos mergulla nas súas mareas de palabras, os distintos experimentos e incluso nós mesmos estamos formados por auga. De feito, a auga non desaparece, só se transforma.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión