Urbanismo

Playa de Riazor año 2002

Buscador general

usted está en: detalle entidad

Palacio Municipal e praza de María Pita

Descrición

PALACIO MUNICIPAL 

O Palacio Municipal e un edificio modernista construído entre os anos 1908 e 1912 ocupando a fronte norte da Praza de María Pita. Foi inaugurado polo Rei Alfonso XIII no ano 1927. Nel encóntranse diversas dependencias administrativas do Concello. 

O proxecto inicial deste edificio de cantería galega foi iniciado por Pedro Mariño, cunha superficie en planta de 2.300 metros cadrados. Ten 3 plantas e ático. A súa fachada levantouse ao longo dunha fronte de 64 metros, ten 43 ventás abertas ao exterior e no seu corpo interior ábrense 15 arcadas que serven a uns amplos soportais.

Na súa primeira planta encóntrase a zona nobre, que conta con varios salóns, o Vermello, o Azul e o Dourado, este último, con relevos na fronte dos asentos, que relatan os feitos históricos máis importantes da cidade. Tamén na primeira planta encóntrase o Museo dos Reloxos e a Galería dos Alcaldes, un corredor onde cada un dos alcaldes da cidade ten o seu retrato, cada un dun autor e un estilo diferentes, moitos posaron de traxe, algúns de frac e outros coma Liaño Flores, coa toga de avogado.

Destaca o despacho da Alcaldía, e na mesma planta, as salas de reunión de concelleiros, con magníficas pinturas de artistas galegos. Tamén cómpre destacar a escalinata de honor que comunica a Alcaldía co Salón de Plenos, esta foi inaugurada no año 1955 por Francisco Franco e a súa esposa, Carmen Polo.

A segunda planta alberga oficinas e despachos e no ático é onde antigamente estaba situada a vivenda do conserxe.

Na fachada hai talladas catro estatuas de pedra branca que representan as catro provincias galegas A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Na parte superior pódese ver o escudo da cidade franqueado por dúas matronas que para uns significan Paz e Industria e para outros Traballo e Sabiduría, ademais dunha lenda coa seguinte inscrición: "moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".

Na torre máis alta albérgase o reloxo e as campás feitas dunha aleación de bronce e estaño; pesan máis de 1.600 quilos.

Arquitecto: Pedro Ramiro Mariño.

 

Visita virtual ao Palacio Municipal

 

Sala de Exposicións do Palacio Municipal:

Está xestionada polo Palacio de Exposicións Kiosco Alfonso.

Acceso: gratuíto.

Teléfono: 981 189 898 - 981 184 200

Horario: luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h (este horario varía na época de Nadal con motivo da exposición do Nacemento Tradicional).

 

 

PRAZA DE MARÍA PITA:

As medidas da praza de María Pita  son 112 m por 99,50 m. Os 112 m son os dos lados paralelos á fachada do Palacio Municipal; os 99,50 m son os que corresponden aos lados laterais do edificio do Concello.

Na praza hai dous marcos que sinalan o paso dun meridiano pola cidade; as súas coordenadas son 8º e 23´oeste.

 

Terrazas:

As terrazas foron deseñadas polo Gabinete de Deseño Urbano dirixido polo arquitecto municipal Antonio Desmonts.

Os vidros que as decoran foron tallados pola firma holandesa Van Tetterode.

 

Estatua de María Pita:

O grupo escultórico da praza de María Pita é unha obra de Xosé Castiñeiras e está realizado en bronce.

A altura total é de 9,31 m: pedestal 5,56 m, escultura 3,3 m e plataforma de chanzos 0,45 m. O peso é de 30 toneladas.

Aos seus pés hai unha chama que se apaga soa dende as 03.00 h ata as 07.00 h.

 

FUNCIÓN DO VOTO:

A función do voto celébrase o 14 de maio, ou o domingo anterior nos casos nos que o día 14 non coincida en domingo. 

Registro I.T.E.

Puede ver las ITEs que hay asociadas a un propietario (necesario certificado digital) o bien acceder sólo al estado de una en concreto (sin certificado)

Urbanismo en red

Visor del planeamiento vigente y consulta de información.

Contacte con nosotros

981  184  200

Si lo prefiere, envíenos un correo con su consulta.

Para leer los documentos...

Para poder leer los documentos de este especial necesita descargar el lector gratuito de PDF.

Ayuntamiento de A Coruña - Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.