Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2008

Responde a un novo modelo de arquitectura e será un referente en participación cidadá, servizos sociais, cultura, educación e formación

O alcalde presenta o Ágora como o centro multiusos que substituirá o Fórum Metropolitano

O alcalde, Javier Losada, presentou o proxecto definitivo do Ágora, un centro multiusos que substitúe o Fórum Metropolitano e que será a referencia social e cultural da Coruña para as próximas décadas, tanto pola súa arquitectura como polos servizos que terán á súa disposición os cidadáns nesta moderna instalación.

O edificio ten un orzamento de 8,1 millóns de euros, estímase que comezará a construírse a finais de ano e que abrirá ao público no 2011.

Acompañado das concelleiras de Servizos Sociais, Silvia Longueira, de Cultura, María Xosé Bravo, e de Interior, Obdulia Taboadela; o alcalde subliñou a importancia do Ágora para a cidade, pois desempañerá nos próximos anos o papel que tivo e aínda desempeña con eficacia o Fórum Metropolitano. Neste sentido, sinalou que o novo centro multiusos ofertará máis servizos, en mellores condicións e cubrirá as novas demandas sociais e culturais dos coruñeses, adaptándose así aos novos tempos, inquietudes e necesidades que expón a sociedade.

Javier Losada explicou que o Ágora será unha nova referencia na cidade que responderá aos principios fundamentais en calquera comunidade moderna que persegue o progreso e benestar: participación, servizos sociais, cultura, educación e formación.

O proxecto do Ágora é o resultado dun concurso de ideas convocado polo Concello e que no seu día tivo como gañadora a proposta presentada baixo a lema "La Montaña Mágica", do equipo formado polos arquitectos Luis Rojo de Castro, Begoña Fernández-Shaw Zulueta e Liliana Obal Díaz, de Madrid.

Distribución do Ágora

O novo centro multiusos sitúase nunha parcela de San Pedro de Visma, con acceso principal pola prolongación da rúa de Mosteiro de Caaveiro. A súa localización na parte alta da parcela dá lugar a unha praza pública exterior, proporcionando accesos tanto peonís como rodados.

O edificio, cunha superficie total construída de 10.258,40 metros cadrados, consta dun soto (1.618,09), un semisoto (3.009,17), unha planta baixa (2.833,72) e unha planta primeira (1.224,29 metros cadrados). Do total da parcela, 9.663 metros cadrados, 4.404 son para o edificio e 5.259 metros cadrados para superficie axardinada. Proponse un aparcadoiro semicuberto con capacidade para 39 vehículos.

No acceso principal do Ágora, con planta en forma de "U" , sitúanse de fronte a recepción, información e atención ao visitante, así como rexistro. A Sala de Exposicións tamén fomenta a integración na contorna e a accesibilidade ao centro. Concibida como extensión da rúa e como pasadizo público, a sala, co seu dobre acceso e de galería urbana, fomenta a permeabilidade e o achegamento das actividades ao cidadán. É accesible dende a propia rúa.

No lado sur da parcela sitúase o teatro/auditorio, cunha capacidade para 549 persoas e con posibilidades de usarse para teatro, ópera, música sinfónica, ballet. O acceso a esta sala prodúcese dende o semisoto por unha rampla.

Nas plantas baixa e primeira sitúanse os talleres, salas polivalentes e salóns sociais para dar servizo aos cidadáns en reunións veciñais, xogos sociais, formación,... actividades sociais, lúdicas, culturais e formativas. Na planta de acceso proponse unha Unidade de Servizos de Atención Social ao Cidadán: administración única, axudas a domicilio, teleasistencia, infancia, prevención e demais prestacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión