Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2014

Servizos Sociais homenaxea os matrimonios da cidade que cumpran 50 anos de convivencia

No acto, unha recepción oficial e unha comida-baile que terán lugar o próximo 25 de xaneiro, poden participar as parellas empadroadas na cidade que casaron, ou demostren a súa convivencia, entre o 1 de xaneiro de 1964 e o 31 de xaneiro de 1965.

Unha iniciativa en homenaxe ás parellas coruñesas que cumpren no ano 2014 ou en xaneiro do 2015 as súas Vodas de Ouro. Con este acto, que terá lugar o 25 de xaneiro do 2015, quérese render unha merecida homenaxe ás parellas que durante tantos anos compartiron a convivencia diaria, celebrándoo con elas e cos seus familiares.

Poderán participar as persoas que casaron entre o 1 de xaneiro do 1964 e o 31 de xaneiro do 1965, empadroadas na Coruña. Para iso, deberán presentar, ata o próximo 2 de xaneiro, unha solicitude nos centros cívicos municipais (co nome das dúas persoas homenaxeadas, un teléfono de contacto e os números dos DNI) e achegar unha fotocopia da folla do libro de familia que acredite a data na que contraeron matrimonio.

Documentos:

Homenaxe vodas de ouro (3 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión