Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2010

Mediación veciñal

Programa de voluntariado para a resolución pacífica dos conflitos veciñais

No ano 2010, o Concello da Coruña pon en marcha un novo recurso de mediación veciñal, dando resposta a unha iniciativa cidadá que solicitaba a súa implantación.

A demanda deste novo programa deriva da necesidade de manter a convivencia pacífica entre a cidadanía, ante as novas formas de relación que se van implantando na sociedade e a medida que medran as relacións interculturais.

Deste xeito, o Programa Convive de mediación veciñal proporciona a gran vantaxe de resolver conflitos entre cidadás e cidadáns sen necesidade de recorrer á vía legal, contribuíndo así a desconxestionar os xulgados.

O Servizo de Participación Cidadá ten articulado este novo recurso baseándose nalgunhas experiencias pioneiras desenvolvidas noutros concellos cun grao óptimo de funcionamento, aínda que creando un modelo propio adaptado ás necesidades específicas dunha cidade como A Coruña.

A mediación veciñal permite que persoas dun mesmo edificio ou comunidade que viven conflitos ou teñen diferencias ou tensións, poidan resolver as súas discrepancias chegando a un acordo satisfactorio para ambas as partes.

O modelo desenvolto polo Concello da Coruña aséntase sobre un voluntariado cualificado, coa formación específica en mediación. Deste xeito o recurso ten a disposición da cidadanía un equipo multifuncional de aproximadamente 15 persoas voluntarias, que traballan baixo a coordinación do persoal técnico da concellaría.

O programa prevé que todo o persoal que actúe como voluntario no equipo de mediación veciñal debe pasar por un completo período de formación antes de comezar a executar o seu traballo coa cidadanía.

O Programa Convive, de recente implantación, centraliza a súa atención nas dependencias do Centro de Participación Cidadá do Birloque, na Avenida de Glasgow, núm. 10, sendo de balde para todos os veciños e veciñas do Concello da Coruña que demanden atención.

É de destacar a conveniencia da posta en marcha deste recurso de mediación veciñal como ferramenta para sensibilizar a cidadanía, promover o diálogo e a comunicación e potenciar a participación cidadá e a integración social.

De maneira xenérica, pode apuntarse que os tipos de conflitos en que se realizan as intervencións mediadoras son, por exemplo, conflitos de convivencia entre veciños e veciñas, e problemas relativos á utilización de espazos públicos.

 

Obxectivos:

  • O obxecto principal deste servizo é atender as demandas da cidadanía no que se refire aos conflitos veciñais que esixen unha resposta rápida, coa finalidade de chegar a unha solución conciliadora que facilite a convivencia e o entendemento ás partes implicadas.
  • Trátase de prever posibles conflitos maiores e lograr a súa resolución antes de que poida xurdir a confrontación. A finalidade é lograr a resolución e o acordo de forma extra-xudicial.

 

Como solicitalo:

O Programa CONVIVE centralízase nas dependencias do Centro do Birloque, na Avenida Glasgow, 10. A Coruña.

A solicitude pode realizarse no teléfono 981 189 869, e no 010 de atención cidadá, ou ben a través do e-mail participacion@coruna.es.

Tamén podes contactar directamente cubrindo o seguinte Formulario de contacto.

Enderezo:

Centro Municipal do Birloque.

Documentos relacionados

  • Descargar Guía para a convivencia nas comunidades veciñais (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión