A continuación relaciónanse os diferentes talleres previstos dentro dos diferentes programas educativos. Para realizar a súa inscrición debe seleccionar dentro do programa que lle interese os diferentes talleres e cubrir os datos. Unha vez enviada a solicitude enviarase un correo electrónico confirmando a solicitude.
Os pais, as nais ou titores deberán entregar cuberta unha folla de inscrición que poden recoller na propia OMIC ou ben descargar da páxina web, (www.coruna.es/omic) no apartado de publicacións.
Para solicitar máis información está a disposición da cidadanía o número de teléfono 981.189.820.
Ábrese o prazo de inscrición para os talleres de adultos para o mes de xuño. Realizaranse todos os venres do mes de xuño de 11.00 a 12.30 horas. Poden realizar a inscrición cubrindo a solicitude a continuación.
No apartado de talleres poderá realizar a inscrición de acordo coa área seleccionada.