Obxectivo: informar e concienciar, mediante talleres de “sensacións”, sobre a existencia de técnicas e métodos para inducir á compra, así como orientar os participantes cara a un consumo intelixente e responsable.
Talleres relacionados:

Duración: 1 h.
Idade recomendada: EPO e ESO.
Obxectivos:
-Coñecer as características e elementos principais dun anuncio de publicidade.
-Potenciar unha actitude positiva cara á análise crítica de calquera medio de publicidade, en especial a publicidade na televisión.
-Saber realizar unha análise básica de anuncios que se emiten na televisión.
Descrición:
Despois de realizar unha introdución á publicidade e os seus elementos máis representativos, realizarase unha análise de diferentes anuncios publicitarios, analizando todo o aprendido anteriormente. Posteriormente terán que elaborar un anuncio publicitario tendo en conta as características da publicidade na televisión.
Outros contidos relacionados

Duración: 1 h.
Idade recomendada: EPO e ESO.
Obxectivos:
Descrición:
Os participantes observan e seleccionan de entre varios carteis, os tres que máis lles agradan.
Encherán unha ficha coas súas impresións sobre os carteis escollidos. Finalmente explicaráselles a finalidade de cada un dos elementos dos carteis, realizaranse comparacións por sexo, gustos etc.
Outros contidos relacionados

Idade recomendada: Educación Infantil.
Obxectivos:
Descrición:
Tras unha explicación didáctica e divertida dos sentidos, os participantes aprenden, de forma moi sinxela, a diferenciar olores, texturas, sabores empregando as técnicas de mercadotecnia máis empregadas no mercado.
Outros contidos relacionados

Duración: 1 h.
Idade recomendada: EPO.
Obxectivos:
Descrición:
Os participantes decoran diferentes zonas da aula coa finalidade de facer diferentes “tendas”. Escollerán de entre todas as opcións cal é a que reúne todos os requisitos, é dicir, a “tenda perfecta”.
Outros contidos relacionados

Duración: 1 h.
Idade recomendada: ESO, Bacharelato, FP, nais e pais de alumnos e asociacións.
Obxectivos:
Descrición:
O taller comezará cunha presentación de 30-40 minutos sobre as características e técnicas empregadas nos escaparates. A continuación realízase a análise de tres escaparates diferentes.
Outros contidos relacionados

Duración: 1 h.
Idade recomendada: EPO.
Obxectivos:
Descrición:
Os alumnos analizan anuncios de diferentes medios (televisión, radio ou revistas e prensa):
Outros contidos relacionados