Obxectivo: facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable e concienciar sobre como o resultado das nosas compras pode influír na nosa saúde.
Talleres relacionados:
Etiquetaxe e análise comparativa de alimentos
Duración: 1 h.
Idade recomendada: EPO.
Obxectivos:
- Habituarse a ler as etiquetas.
- Saber distinguir a primeira vista as partes máis importantes dunha etiqueta.
- Coñecer o significado dos termos das etiquetas.
Descrición:
Empréganse etiquetas de produtos reais para comprobar se aparece toda a información que debería. Os participantes deseñan o seu propio “produto” e deberán etiquetalo correctamente.
Outros contidos relacionados
Os aditivos
Duración: 1 h.
Idade recomendada: ESO e Bacharelato.
Obxectivos:
- Coñecer a existencia dos aditivos, a súa variedade, utilización e significado dentro dos alimentos.
- Recoñecer nas etiquetas dos produtos alimentarios envasados os distintos aditivos que se empregaron, a proporción en que se encontran dentro do produto etc.
- Valorar de forma axustada a conveniencia dos alimentos con menos aditivos, que integren unha dieta equilibrada.
Descrición:
Mediante distintos xogos, os participantes aprenden o que son os aditivos e como recoñecelos entre os ingredientes que figuran na etiqueta dun produto.
Outros contidos relacionados
Froitas e verduras
Duración: 1 h.
Idade recomendada: Educación Infantil.
Obxectivos:
- Entender a importancia das froitas e verduras na alimentación diaria.
- Que os participantes sexan capaces de analizar se a súa dieta é equilibrada con respecto ao consumo de froitas e verduras.
- Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa.
Descrición:
A importancia de incluír froitas e verduras na nosa dieta diaria tratarase a modo de xogo nesta actividade.
Fanse varios “experimentos” tanto de descubrir sabores, cheiros e cores nas froitas e verduras como para pescudar se as cantidades que toman os participantes están dentro das cantidades saudables.
Outros contidos relacionados
Erros na alimentación
Duración: 1 h.
Idade recomendada: ESO e Bacharelato.
Obxectivos:
- Analizar as características do almorzo habitual ao longo da semana, nas fins de semana e nas vacacións.
- Ser capaces de avaliar as calidades nutritivas de cada tipo de almorzo, que normalmente realizan.
- Identificar os diferentes tipos de almorzo e saber cales son máis axeitados para cada tipo de actividade (esforzo físico grande, traballo intelectual, vida sedentaria etc.).
Descrición:
Analizamos varios aspectos da alimentación diaria: horarios, alimentos inxeridos, cantidades nutricionais recomendadas… e intentamos descubrir os erros máis habituais que se producen (carencias, malos hábitos, horarios inadecuados…).
Natural e artificial
Duración: 1 h.
Idade recomendada: Educación Infantil e EPO.
Obxectivos:
- Analizar as vantaxes dos produtos naturais fronte aos artificiais.
- Conseguir que os alumnos e as alumnas tomen contacto cos zumes naturais como alternativa ao consumo de refrescos industriais e fonte de vitaminas para o organismo.
- Capacitar o alumnado para que poida elaborar zumes por medios sinxelos.
Descrición:
Este taller componse de diferentes experiencias:
- Proba de zumes e froitas (xogo).
- Condimentar diferentes alimentos e comprobar as diferenzas.
- Elaboramos o noso almorzo “natural”.
Outros contidos relacionados