A OMIC do Concello da Coruña deseña, elabora e desenvolve unha oferta múltiple e adaptada ás necesidades específicas dos distintos colectivos.
Para isto lévanse a cabo diferentes programas destinados a todo tipo de público e realizados en distintas épocas do ano.

Descrición
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña organiza para este verán a cuarta edición da súa Escola de Verán.
Ao longo do mes de xullo e agosto desenvolveranse nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor actividades sobre consumo responsable destinadas a mozos e mozas de entre 3 e 10 anos.
Destinatarios: nenos/as de entre 3 e 10 anos (nacidos entre 2002 e 2009).
Terán preferencia os nenos empadroados no Concello da Coruña.
Datas de realización (dende o 2 de xullo ao 31 de agosto de 2012):
Os nenos e nenas poderán apuntarse nun máximo de dúas quendas nas datas por quincenas que desexen
Horario de luns a venres: de 10.00 a 13.30 horas.
Lugar de realización, inscrición previa: Aulas da OMIC da Coruña, na rúa Costa da Palloza, 8.
Inscrición nenos empadroados: a partir do 15 de xuño en horario de 10.00 h a 14.00 h (por rigurosa orde de entrada ata cubrir as prazas dispoñibles), ata o 29 de xuño.
Cada participante poderase inscribir nun máximo de dúas quendas.
Só se admitirán 3 solicitudes por persoa, excepto no suposto de ser irmáns que non hai límite.
Só no caso de vacantes poderán inscribirse nenos non empadroados.
Número de prazas: 50 prazas (por quenda), divididos en grupos de idade de 3-6 anos e de 7-10 anos.
Temática:
Recoñecerán a importancia dunha boa alimentación aprendendo a realizar unha alimentación sa e saudable, para mellorar a súa nutrición e potenciar bos hábitos alimenticios. Incluiranse visitas guiadas á lonxa da Coruña e aos mercados municipais para coñecer mellor o seu funcionamento e fomentar a compra de produto fresco e de calidade.
Aprenderán a crear e transformar obxectos cotiáns de refugallo en xoguetes, disfraces e produtos infantís tipicamente estivais. Preténdese, a través de diferentes talleres, a creación de xoguetes de uso tipicamente estival construídos polos nenos coas súas propias mans e intelixencia, a partir de material de refugallo, de forma que se estimule a invención a través dos experimentos, se agudice a percepción e se fomente a imaxinación e a fantasía.
Procedemento para inscribirse
Os pais, as nais ou titores deberán entregar cuberta unha folla de inscrición que poden recoller na propia OMIC ou ben descargar da páxina web, (www.coruna.es/omic) no apartado de publicacións.
Para solicitar máis información está a disposición da cidadanía o número de teléfono 981.189.820.
Descrición
Aprender en Coruña engloba unha gran variedade de programas educativos promovidos e organizados polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, dirixidos a todos os centros escolares da cidade e dos arredores.
Un destes programas é o de Educación para o Consumo, cuxo obxectivo fundamental é fomentar no alumnado unha actitude consciente, crítica e solidaria ante o consumo.
Os diferentes talleres organízanse por etapas educativas; deste xeito, os responsables docentes poderán escoller os máis adecuados para o desenvolvemento curricular correspondente.
Destinatarios
Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial de todos os centros educativos da Coruña.
Para máis información sobre cada programa, pódense dirixir á páxina web do Concello da Coruña: www.edu.coruna.es; pulsando Aprender en Coruña > Programas educativos doutros servizos municipais > Programa de educación para o consumo > Máis información.
Lugar de realización
Nos propios centros educativos ou ben nas instalacións da OMIC da Coruña.
Datas
Unha vez que un centro educativo se inscribe co grupo ou grupos nun ou varios talleres, pode planificar estes en función das súas necesidades.
Inscrición
Do 15 de setembro ao 15 de outubro de 2011 e a través da ficha de solicitude específica do “PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA O CONSUMO”. Cúbrense directamente na “Páxina web educativa”: www.edu.coruna.es
O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, pon a disposición das asociacións, centros cívicos e calquera organización ou entidade social da Coruña que o solicite, unha ampla oferta de charlas, talleres e actividades prácticas.
Desenvólvense programas personalizados e adáptanse os horarios e contidos ás necesidades da entidade solicitante.
Destinatarios
Centros cívicos, asociacións e entidades sociais de calquera tipo.
Lugar de realización
Instalacións da OMIC da Coruña ou no centro solicitante.
Datas
A convir.
Horario
A convir (mañá ou tarde).
Inscrición
Indicando os datos da entidade e contidos que se desexan tratar mediante algún dos seguintes medios:
As actividades son totalmente gratuítas.
Dentro do programa global de Educación para o Consumo que está desenvolvendo o Concello da Coruña, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña organiza para este Nadal a primeira edición de “O Nadal está nas túas mans”, dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos e orientado á responsabilidade no consumo nunhas datas nas que están moi presentes os adornos e os agasallos.
Durante a última semana de decembro de 2011, as aulas da OMIC da Coruña, situadas na rúa Cuesta de la Palloza, 8, acollerán a nenas e nenos de entre 4 e 8 anos, que queiran converterse en verdadeiros consumidores responsables, aprendendo a realizar adornos e demais obxectos típicos de Nadal empregando material de reciclaxe e obxectos cotiáns.
Destinatarios
Nenas e nenos veciños da cidade da Coruña, de 4 a 8 anos de idade, previamente inscritos.
Inscricións
As actividades son gratuítas, pero necesitan inscrición previa, e asignaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición.
O prazo de inscrición será do 19 ao 23 de decembro nas instalacións da OMIC da Coruña en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Horario
As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 horas en dous grupos divididos por idades, do 26 ao 30 de decembro.
No apartado de Publicacións están dispoñibles os folletos de inscrición.
Para máis información poden chamar á Oficina Municipal de Información ao Consumidor no teléfono 981189820.