Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil
Compartir en Tuenti

Locais de Ensaio

Data:
todo o ano
Engadir ó meu móbil
Logo Locais de ensaio

Os locais de ensaio da Concellaría de Xuventude son un servizo de balde dirixido á mocidade da nosa cidade para que teña espazos axeitados onde expresar a súa creatividade e as súas inquedanzas musicais.

 

Poderán darlles cabida até un máximo de 42 grupos locais, de luns a sábado. Ademais, dispomos dun equipamento para gravar maquetas; e de persoal de apoio técnico e dinamizador tanto do equipamento como dos propios locais.

Podedes acceder tanto ao regulamento como ao formulario de solicitude e tamén ao documento de autorización a menores. Unha vez cuberto, deberedes entregalo no Centro Municipal de Información Xuvenil (Forum Metropolitano, r/ Río Monelos, 1). Recibiredes unha copia selada con data de entrega e número de inscrición. Posteriormente,  comunicarásevos o día da semana e hora de ensaio adxudicadas, segundo os procedementos que establece a ordenanza.

Horario CMIX: Luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

 

 

Máis info en:

 http://locaisdensaio.blogspot.com/p/quen-somos.html