Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2016

A concelleira de Igualdade presenta os actos da campaña 'A Coruña Orgullosa e Diversa' que "foron programados de xeito participativo en colaboración cos colectivos diversos da cidade"

Rocío Fraga deu conta dos eventos que terán lugar no Concello entre os días 8 de xuño e 2 de xullo. “Hai que empoderar aos diversos colectivos con accións en todas as épocas do ano, e fuxir de datas concretas”, indicou

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou este martes os actos da campaña A Coruña Orgullosa e Diversa, que terán lugar en distintos escenarios da cidade entre o día 8 de xuño e 2 de xullo, e que aunan tanto actividades vindicativas de carácter festivo como presentacións de obras, ciclos de cine, mesas redondas, charlas-coloquio, clubs de lectura ou contacontos. Os eventos (dos que se dá conta no documento adxunto) desenvolveránse na rede de bibliotecas municipais, así como en centro cívicos da cidade e nos centros Ágora e Fórum Metropolitano, ademáis do 25 de xuño terá lugar un encontro de familias diversas e unha feira de asociacións LGTBQI nos Xardíns de Méndez Núñez. Este programa especial pecharase cunha romaría que terá lugar o 2 de xullo no Campo da Leña, que rematará con diversas actuacións musicais. A responsable municipal indicou que o deste ano "é o primeiro Orgullo LGTBQI deste Goberno municipal, xa que ano pasado acababamos de chegar a María Pita e o que fixemos, debido aos tempos, foi apoiar as actividades que xa estaban programadas polos colectivos da cidade, así como colgar unha faixa na fachada do Pazo de María Pita, algo que non se fixera nunca". Fraga destacou que, nesta edición, o Concello levou a cabo un proceso participativo polo que os distintos colectivos LGTBQI da cidade que así o quixeron, ademais de activistas "participaron na elaboración da programación a través de múltiples xuntanzas".

"Esta campaña tamén é un recoñecemento aos distintos momentos históricos que houbo na cidade e que partiron dos movementos sociais, que fixeron da Coruña unha cidade inclusiva no eido das diversidades sexuais. Nós consideramos imprescindible manter vivo ese espíritu, e reforzar aos movementos LGTBQI así como aos movementos sociais en xeral", reflexionou a concelleira.

Ao fío, Fraga quixo destacar tamén os valores do Programa para a Identificación Policial Eficaz (PIPE), ao que se incorporou recentemente o Concello da Coruña e que está centrado en velar pola seguridade da cidadanía á vez que garantizar o respeto polas distintas diversidades. "Un dos principais valores deste programa, do que nos sentimos especialmente orgullosas é a detección de delitos de odio. Aínda que nesta cidade non hai demasiada presencia de accións homófobas, sí que hai comportamente que teñen desencadenado puntualmente nalgunhas, e cremos que tanto a cidadanía como o resto de corpos e forxas de seguridade precisan ter formación da detección e prevencións de delitos de odio", comentou.

Documentos:

Programación #CoruñaOrgullosa (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión