Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de marzo de 2016

O Goberno local presenta “Para todas, todo”, unha celebración “transversal” do Día Internacional das Mulleres na que se implicarán distintas concellerías

Entre as actividades haberá contacontos, concertos, mostras bibliográficas nos centros cívicos e bibliotecas, a I Xornada Deportiva do Día Internacional das Mulleres ou a estrea do documental ‘Karbo, escola de fútbol’ sobre o histórico equipo coruñés gañador dunha Copa da Raíña

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou esta mañá no Pazo de María Pita a campaña que o Concello da Coruña porá en marcha este ano na conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o vindeiro 8 de marzo. Baixo o título Para todas, todo, o Goberno local abordará esta celebración “desde unha perspectiva transversal, implicando a diversos departamentos”, segundo explicou Fraga, “mantendo o espírito e a aposta pola igualdade desde o primeiro día, coa creación desta Concellería, e na propia acción de goberno”. O obxectivo da campaña, unha compilación de actividades organizadas entre Culturas, Deporte e Coñecemento; Xustiza Social e Coidados; e Igualdade e Diversidade, é amosar que “todas as mulleres e todas as persoas temos dereito a todos os dereitos”, expuxo a edil.   

As concellerías realizarán desde hoxe, e ao longo de todo o mes de marzo, numerosas accións dirixidas a todos os públicos nas que tamén se contará coa colaboración de diversas institucións da cidade “que tiñan propostas específicas para esta campaña”, explicou a responsable municipal. O nó principal de Para todas, todo xirará arredor do propio Día Internacional das Mulleres, o martes día 8, coa declaración institucional, e a celebración da actividade Abaixo os muros patriarcais, na que mulleres que traballan en distintas entidades sociais da cidade amosarán, a través dunha gravación e edición colectiva de vídeo, as barreiras coas que se atopan na súa vida diaria.

Igualdade e Diversidade, en colaboración so Servizo Municipal de Bibliotecas, organizará contacontos “de ruptura de estereotipos”, sinalou Fraga, dirixidos ao alumnado de primaria. Estas sesións terán lugar desde o día 11 até o 18 en distintas bibliotecas da cidade. Estes espazos, pola súa banda, programarán mostras bibliográficas para visualizar a efeméride. Nos Rosales exhibirase a compilación de carteis Elas abriron o camiño, mentres que na Sagrada Familia e en Monte Alto, a ilustración e a banda deseñada serán as protagonistas con Ilustrando en feminino: mulleres que pintan moito e As mulleres fan cómic. No centro do Fórum Metropolitano, mostrarase A muller e a poesía, e o martes 8 este mesmo espazo acollerá a presentación da última novela de Nieves Abarca, Los muertos viajan deprisa. Será ás 12.30 horas.

Precisamente hoxe no Fórum Metropolitano arrinca un ciclo dedicado á muller que se desenvolverá ao longo do mes de marzo. Esta fin de semana proxectarase unha mostra de traballos de cineastas galegas, con curtas de Sonia Méndez (Conversa cunha muller morta), Olaia Sendón (MIJAU), Olga Osorio (reStart), Virginia Curiá (Coida a auga), Xisela Franco (Cruz Piñón) e Alexia Muñoz (Asuntos Domésticos), todas cun gran percorrido internacional. Do xoves 10 ao sábado 12, exhibirase a película O mundo abandoado, de Margarethe von Trotta, e do día 17 ao 19, O cumpreanos de Ariane, de Robert Guédiguian.

En colaboración so Servizo Municipal de Deportes, Igualde e Diversidade organizará o día 8 a  I Xornada Deportiva do Día Internacional das Mulleres, na que se fará unha xornada de portas abertas nas Escolas Deportivas Municipais e clubs deportivos de toda a cidade. O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá o acto central, de 10 a 12 horas, na que a concelleira lerá o manifesto institucional acompañada de numerosas deportistas locais, para dar paso a continuación a unha maratón de 3 horas de diferentes actividades abertas a todas aquelas mulleres que queiran participar. Pola tarde, ás 18.30 horas, celebrarase quedada de moteiras, que percorrerá o Paseo Marítimo e os Cantóns desde a Torre de Hércules. O deporte tamén tamén estará presente na xornada do domingo, día 13, coa estrea do documental Karbo, escola de fútbol, un traballo de Óscar Losada que recolle a traxectoria do equipo coruñés Karbo, gañador dunha Copa da Raíña e campión ata en tres ocasións da Copa de España. A proxección comezará ás 12.30 horas no Teatro Rosalía Castro.

Na rede de centros cívicos, dependente da Concellería de Xustiza Social e Coidados, tamén se realizarán actividades ao longo de todo o mes, a través de collages e obradoiros infantís conmemorativos, ou visitas guiadas ao Museo de Belas Artes e ás casas museo de María Pita e  Emilia Pardo Bazán. Os espazos municipais tamén acollerán este mes actuacións musicais, como a da Coral de Mulleres de Vilaboa (venres 11, en Monelos e mércores 16 en Elviña) ou Sotto voce e Entrelas (mércores 16 en San Diego).

Ademais das actividades organizadas desde as concellerías, Igualdade e Diversidade artellará outras accións con entidades sociais. Entre elas a Asociación Galega para a Saúde Sexual, quen impartirá o obradoiro informativo A saúde sexual desde unha perspectiva de xénero. O encontro, aberto ao público, terá lugar mañá, venres 4, de 10 a 14 horas no local de AGASEX.

Tamén participará nesta campaña do 8 de marzo a entidade Viraventos, quen presentará Galegas coma ti, unha exposición de rúa para promover a igualdade e a convivencia entre as persoas de diferentes orixes, nacionais ou culturais, que desenvolverase do 12 ao 18 de marzo na praza de Lugo, e do 19 ao 26 de na praza das Conchiñas. Rocío Fraga avanzou que durante estes días, celebrarase no Agra “unha festa intercultural na que as mulleres migrantes terán protagonismo”. Pola súa banda, e dentro das actividades de Para todas todo, a Fundación Mujeres organizará na súa sede o xoves, día 10, a xornada As mulleres na Historia, a historia das mulleres, co obxectivo de visualizar e relatar a historia de distintas que mulleres ao longo dos anos “fixeron historia”, afirmou a concelleira.

Documentos:

Para todas todo - Programa de actividades do Día Internacional das Mulleres (1 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión