Buscador

Formación ocupacional profesional -PLAN AFD-

Formación ocupacional profesional -PLAN AFD-

Colectivo ao que vai dirixido:

Desempregados/as inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Obxecto:

Conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral das persoas traballadoras desocupadas.

Accións Formativas para Desempregados (AFD), organizadas polo Concello da Coruña (Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo), financiados conxuntamente pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

 

  • Os cursos son financiados conxuntamente pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e o Fondo Social Europeo.

    Os grupos son de 15 alumnos/as, e impártense no Centro Municipal de Emprego dos Rosales ou nas instalacións do recinto de Bombeiros do Polígono da Grela

  • Requisito mínimo: Estar en situación de desemprego e inscrito/a en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego.
  • A solicitude dos cursos deberase realizar en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego. Despois dunha preselección do alumnado (sondaxes do Servizo Público de Emprego) realízanse probas e/ou entrevistas nas instalacións do Centro Municipal de Emprego. 
  • A orientación e o apoio á inserción facilitan a incorporación ao mercado de traballo.
  • O diploma acreditativo. Unha vez rematado o curso, o alumnado que o finalizase satisfactoriamente e asistise polo menos ao 75% do seu desenvolvemento, recibirá un diploma no que figura o programa do curso, número de horas, módulos transversais etc.
  • Información e publicidade: Consellería de Traballo (Dirección Xeral de Formación e Colocación), a nosa páxina web, oficinas de Emprego e medios de comunicación. 
  • Financiamento: Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia (Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Formación e Colocación) e Concello da Coruña.

Estas accións formativas complementan a oferta de formación que ofrece anualmente no Concello da Coruña.

Onde?

Contidos relacionados

© Concello da Coruña

Información RSS