Buscador

Oficina de Emprego Centro

Oficina de Emprego Centro

Datos de contacto

Enderezo:
Rúa Orillamar 78. 15002 A Coruña
Teléfono:
901 119 999 (Información xeral)
901 224 178 (Servizo Público de Emprego)
98 218 330 (INEM)
981 218 332 (INEM)
981 225 801 (Servizo Público de Emprego)
Fax:
981 218 334 (INEM)
981 228 191 (Servizo Público de Emprego)

Horario:

Atención ao público:

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h.

Revisións:

Luns a venres de 09.00 h a 11.00 h.

Servizos:

Para o empresario: introdución de ofertas de traballo, selección de candidatos, lista de contratos, creación e xestión de contratos, comunicación de contratos a través de Contrat@.

Para o/a demandante de emprego: demanda de servizos, renovación de demanda, ofertas de emprego, cursos de formación ocupacional, introdución e modificación de currículo.

Contidos:

Titularidade:

  • Servizo Púbico de Emprego de Galicia. Consellería de Traballo. Xunta de Galicia.
  • A tramitación da prestación de desemprego realízase tamén na Oficina de Emprego. O persoal que o/a atenderá depende do Instituto Nacional de Emprego (INEM), pertencente ao Ministerio de Traballo e Inmigración.

Datos de interese:
  • Esta oficina comprende os códigos postais: 15001, 15002, 15003, 15004 e o Concello de Arteixo.

As oficinas de emprego son os puntos de atención que pon a disposición de traballadores/as e empresarios/as o Servizo Público de Emprego de Galicia.


Presta servizos en dúas áreas:

  • Intermediación laboral: ofrécelles atención personalizada ás persoas en situación de desemprego ou traballadores/as que queiran mellorar as súas condicións laborais, realizando tarefas de intermediación laboral, e aos empresarios e as empresarias ser atendidos da forma máis adecuada para encontrar os/as traballadores/as co perfil máis axeitado para cubrir os postos de traballo que oferte.
  • Orientación laboral: mediante este servizo infórmase aos/ás demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolles un abano de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral: escolas taller, casas de oficios, talleres de emprego, formación ocupacional e continua, programas de promoción de emprego e Rede Eures.

Páxina web:

http://traballo.xunta.es

http://www.inem.es

Contidos relacionados

© Concello da Coruña

Información RSS