Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2016

Como podo dispoñer do meu avituallamento persoal?

A organización habilitará un espazo na primeira mesa de cada un dos puntos de avituallamento, sinalizada cunha tea vermella, para as e os corredores que queiran dispoñer do seu avituallamento persoal.

Que teño que facer?

  1. Etiquetar individualmente cada unha das botellas co meu número de dorsal e o punto quilométrico no que quero telo dispoñible.
  2. Se quero que mo entreguen na man ao pasar polo avituallamento, teño que acreditar á persoa ou persoas que realizarán esta función. Necesito facilitar o seu nome e DNI e o número do meu dorsal para que me entreguen unha acreditación que lle autorice a estar no/os punto/s elixidos.
  3. Entrega e depósito do avituallamento persoal.
  • Sábado 16 de abril de 17:00 a 21:00 horas na zona de recollida de dorsais do Corte Inglés de Marineda City (planta de deportes)
  • Domingo 17 de abril, na zona de entrega de dorsais (Praza de María Pita) de 7:00 a 7:30horas.
  • A organización encargarase de depositar os avituallamentos persoais nos puntos indicados polas persoas participantes con antelación á saída da carreira. Se a ou o participante  non acreditou a ningunha persoa, a organización non se fará responsable dos erros que poidan cometer outras ou outros corredores por recoller un avituallamento equivocado. 
  • Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.

Cumpre o regulamento. Sorte na túa carreira!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión