Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2016

Servizos para as persoas participantes en C42

A organización de C42 prepárase para prestar os seus servizos a todas as persoas que van participar no maratón.

#Coruña42 ofrecerá na súa quinta edición, que se realiza o vindeiro domingo día 17 de abril, servizos para as e os corredores tanto do Maratón Atlántica como do seu #10k.

Como en pasadas edicións, os dorsais individualizados levarán un código QR que lles permitirá ás e aos finisher ver os seus tempos de carreira. Ademais, todas e todos os atletas que finalicen a proba terán a través da web www.carreirasgalegas.com o vídeo da súa chegada á meta.

No día da carreira haberá, ademais, servizo de gardarroupa que estará situado nos soportais do Concello da Coruña, na praza de María Pita. Para iso dispoñerán dun adhesivo co seu número de dorsal para facilitar a entrega das súas pertenzas no gardarroupa. O horario será de 07.30 a 15.00 horas.

Para facilitar as aglomeracións e favorecer o bo desenvolvemento da carreira estableceranse os seguintes caixóns de saída:

Maratón

caixóns

distancia

homes

mulleres

1

21 Km.

42 Km.

< 1 h:20m.

< 2 h:45m.

< 1 h:35m.

< 3 h:20m.

2

21 Km.

42 Km.

1h:20m - 1h:25m

2h:45m - 3h:00m

1h:35m - 1h:40m

3h:20m - 3h:40m

3

21 Km.

42 Km.

1h:25m - 1h:30

3h:00m - 3h:20

1h:40 - 1h:45m

3h:40 - 4h:00m

4

21 Km.

42 Km.

1h:30m - 1h:35

3h:20m - 3h:40

1h:45m - 1h:50m

4h:00m - 4h:20m

5

21 Km.

42 Km.

Marcas superiores.

Sen marca

Marcas superiores.

Sen marca

10K

caixóns

homes

mulleres

1

< 35 m.

< 40 m.

2

35 - 40 m.

40 - 45 m.

3

40 - 45 m. – Sen marca

45 - 50 m. – Sen marca

4

45 - 50 m. – Sen marca

50 - 55 m. – Sen marca

5

> 50 m. - Sen marca

> 55 m. - Sen marca

 

 

 

Lebres

A carreira terá sinalizados todos os puntos quilométricos e haberá CINCO lebres (2h45, 3h, 3h30, 3h45 e 4h) que irán identificadas con camiseta e globo.

En relación ao avituallamento, os postos estarán instalados a partir de quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros.

Avituallamento

Maratón Atlántica Coruña42

Previsión de avituallamentos nos distintos pasos por cada punto

Punto 1. Rúa Matadero

  • Primeiro paso (km 1´765): Pechado
  • Segundo paso (km 15´765): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano
  • Terceiro paso (Km 29´765): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano

Punto 2. Rúa Manuel Murguía

  • Primeiro paso (Km 5´530): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano
  • Segundo paso (Km 19´530): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano
  • Terceiro paso (Km 33´530): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano

Punto 3. Estrada do Porto

  • Primeiro paso (Km 11´075): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano
  • Segundo paso (Km 25´075): Auga + Isotónica, Laranxa + Plátano
  • Terceiro paso (Km 39´075): Auga + Isotónica

Punto 4. En Meta

  • Único paso (Km 42´195): Auga, Laranxa + Plátano, Bolos de pan con chocolate

No caso da proba paralela dos #10k o punto de avituallamento estará situado no quilómetro 6,590 no Paseo Marítimo (entrada cocheiras do tranvía) e consistirá en auga. Lembramos, así mesmo, que todos os puntos quilométricos estarán sinalizados no trazado.

Así mesmo, lémbraselles ás e aos corredores que ao longo do circuíto haberá colectores para a recollida de residuos e que estes serán de uso obrigatorio por parte de todos os runners, favorecendo así a sustentabilidade do evento. O non uso deles poderá carrexar a descualificación da proba.

Ademais dos arcos de hidratación, situados durante a carreira como alternativa a posibles altas temperaturas e para que os atletas se refresquen durante o percorrido, unha vez finalizado o maratón os runners poderán acceder ao servizo de duchas nas instalacións da Cidade Deportiva de Riazor e na Cidade Deportiva da Torre, accedendo ao recinto mostrando o seu dorsal. Dispoñerase de WC portátiles na zona de saída e meta, así como en todos os puntos de avituallamento.

A entrega de premios do Campionato Galego e Carreira Popular Maratón Atlántica C42, realizarase na praza de María Pita ás 14.00 horas, mentres que no caso da Popular 10K, esta realizarase ás 11.30 horas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión