Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2016

O Campión do Mundo de Maratón, Abel Antón, participará na carreira paralela de 10 quilómetros

Se 42 quilómetros son moitos, podes participar na proba de 10. Quen dixo medo?

Á vez que o Maratón Coruña42, celebrarase unha carreira paralela popular de 10 quilómetros, que sairá tamén do Cantón Grande ás 08.45 horas, e cuxo circuíto tamén se atopa homologado pola Real Federación Española de Atletismo. A proba, que percorrerá o litoral coruñés desde a zona do porto até a Torre de Hércules, pasado polas Ánimas e Menhires, contará coa presencia do atleta olímpico Abel Antón, dobre Campión do Mundo en Maratón (Atenas 1997 e Sevilla 1999) e  Campión de Europa de 10.000 metros en Helsinki 1994.  

O prazo de inscrición para esta proba, no seu primeiro tramo, tamén se ampliará, coma no caso de Coruña42, até o 31 de marzo ou ata chegar as 1500 persoas inscritas. Este grupo pagará 5 euros, mentres que as persoas que formalicen a súa inscrición do 1 ao 10 e abril aboarán unha cota de 10 euros. Extraordinariamente, habilitarase un novo prazo de inscrición os días 11 e 12 de abril,e a cota de participación pasará a ser de 15 euros.

Documentos:

Percorrido 10km (1 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión