Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A organización habilitará un espazo na primeira mesa de cada un dos puntos de avituallamento, sinalizada cunha tea vermella, para as e os corredores que queiran dispoñer do seu avituallamento persoal.
Que teño que facer?
Etiquetar individualmente cada unha das botellas co meu número de dorsal e o punto quilométrico no que quero telo dispoñible.
Se quero que mo entreguen na man ao pasar polo avituallamento, teño que acreditar á persoa ou persoas que realizarán esta función. Necesito facilitar o seu nome e DNI e o número do meu dorsal para que me entreguen unha acreditación que lle autorice a estar no/os punto/s elixidos.
Entrega e depósito do avituallamento persoal.
Sábado 16 de abril de 17:00 a 21:00 horas na zona de recollida de dorsais do Corte Inglés de Marineda City (planta de deportes)
Domingo 17 de abril, na zona de entrega de dorsais (Praza de María Pita) de 7:00 a 7:30horas.
A organización encargarase de depositar os avituallamentos persoais nos puntos indicados polas persoas participantes con antelación á saída da carreira. Se a ou o participante non acreditou a ningunha persoa, a organización non se fará responsable dos erros que poidan cometer outras ou outros corredores por recoller un avituallamento equivocado.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible