Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de febrero de 2016

Servizos á disposición das e dos corredores no Medio Maratón Coruña21

A oitava edición de Coruña21 ofrecerá unha serie de servizos as persoas que participen para garantir a máxima satisfacción das e dos corredores antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 7 de febreiro

Entrega de dorsais

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes do Corte Inglés de Marineda City o venres 5 en horario de 17:00 a 22.00 horas e o sábado 6 de 10:00 a 21:30 horas. 

Tamén poderán recollerse os dorsais o propio día da carreira na oficina móbil cedida por Powerade na zona de saída/meta no Obelisco, ata unha hora antes da saída (de 8:00 a 9:00 horas). Rógase ás e aos participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as e os corredores finisher poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo. 

Estudo biomecánico

Coa colaboración do Centro Podólogico Galego, na zona de entrega de dorsais que se realizará no Departamento de Deportes do Corte Inglés de Marineda City, realizaranse estudos biomecánicos gratuítos.


Servizo de Roupeiro

Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible para todas e todos os corredores nunha carpa situada nunha zona próxima á zona de saída, no Obelisco desde as 08.30 ata as 09.30 e desde as 11:15 ata as 13.00 horas o día da carreira.


Avituallamiento persoal

As e os corredores que queiran dispoñer do seu propio avituallamiento persoal nos puntos sinalados, deberán entregalo o domingo antes da carreira, ata as 9:00 horas, na secretaría da carreira, situada na carpa próxima á saída. Para iso deberán entregalo nun envase pechado e etiquetaxe no que poñerán o punto quilométrico no que queren atopalo e acreditar á persoa que desexan farase cargo da entrega en man, ao seu paso polo avituallamiento. No suposto de non designar a unha persoa, depositásese na primeira mesa e será responsabilidade de cada deportistas recoller o seu propio avituallamiento.


Caixóns de saída

Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba. Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintivo. Rógase responsabilidade aos atletas á hora de situarse nos mesmos para poder gozar todos, o día da carreira.

Caixón 1:   
Homes < 33 min. en 10km e  < 1h20min. no medio maratón
Mulleres < 40min en 10km e < 1h35min. no medio maratón.

Caixón 2: 
Homes entre 33 min.-36 min. en 10km e entre 1h20 min.-1h25 min. no medio maratón. 
Mulleres entre 40 min. e 43 min. en 10 km. e entre 1h35 min. e 1h40 min no medio maratón.

Caixón 3:     
Homes entre 36 min. e 39 min. en 10km e entre 1h25min. e 1h30 min. no medio maratón.
Mulleres entre 43 min. e 46 min en 10 km e entre 1h40 min. e 1h e 45min no medio maratón.

Caixón 4:     
Homes entre 39 min.  e 42 min. en 10km e entre 1h30 e 1h35 min. no medio maratón.  
Mulleres entre 46 min. 49 min en 10 km. e entre 1h45 min e 1h50 min. no medio maratón.

Caixón 5:  tempos superiores aos especificados no Caixón 4, ou sen marca.


Puntos quilométricos: señalética da carreira 

Durante toda a carreira iranse sinalizando os diferentes puntos quilométricos do media maratón para que os runners saiban en que punto atópanse. 


Avituallamientos intermedios

Serán un total de tres puntos:

 

1 Cantón pequeno, dirección Praza de Mina Km. 9,610 Activo no segundo paso de carreira por ese punto Auga + Isotónica + Fruta
2 Praza da Palloza, dirección Primo de Rivera

km. 5,210 e km. 14,590

Activo nos dous pasos de carreira polo punto Auga + Isotónica + Fruta
3 Rotonda das Ánima, dirección Paseo das Ánimas/La Solana Km. 19,855  Activo no segundo paso polo punto Auga

E un avituallamiento ao pasar a liña de meta, con auga, bebida isotónica, froita e bollería.


Servizos Médicos

3 médicos en moto seguindo a carreira
2 médicos en liña de meta
4 ambulancias
1 vehículo de intervención rápida
2 postos de primeiros auxilios
10 motos de cobertura


Unidade de Coordinación Operativa

En funcionamento para a atención de calquera incidencia que poida producirse, integrada por membros da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Voluntariado e Federación Galega de Atletismo.


Voluntariado

50 voluntarias e voluntarios estarán presentes ao longo do circuíto. Uniformados cun chaleco reflector, coa inscrición organización e comunicados co equipo de control de seguridade.  A súa función é atenderlles ante calquera incidencia que se presente, e o que o necesite pode poñerse en contacto con eles. 


Colaboración do Club Atletismo Coruña Comarca, Club Atletismo Riazor e  Marineda Atlético

80 persoas dos clubs da cidade guiarán ás e aos corredores aos caixóns de saída, e atenderanlles nos avituallamientos intermedios e no avituallamiento de meta.
 

Servizos W.C. portátiles e colectores

As e os atletas terán á súa disposición baños portátiles situados na saída e na zona do Porto de Oza do trazado de #Coruña21.

Colocaranse suficientes colectores repartidos por todo o trazado para a recollida selectiva de residuos, e que serán de uso obrigatorio por parte de todas e todos os corredores.

Servizo de duchas

Establecerase un servizo de duchas nas Instalacións do Palacio dos Deportes de Riazor, ao que as e os atletas poderán acceder co seu dorsal, en horario de 11.00 a 14:30 horas.

Vídeo chegada

As e os atletas ao consultar os seus resultados poderán acceder á gravación en vídeo da súa chegada a meta en www.carreirasgalegas.com


Clasificacións

As clasificacións colocarase nos taboleiros informativos na zona de meta. Así mesmo todas e todos os participantes poderán consultar as clasificacións en www.carreirasgalegas.com


Diplomas

Unha vez que se publiquen os resultados de Coruña21 na web www.coruna.es/carreiraspopulares, durante os próximos días, as e os atletas poderán acceder para descargar o diploma personalizado co seu nome e o tempo realizado. Ademais, todas e todos os corredores finisher poderán visualizar a súa entrada en meta a través dos resultados publicados en www.carreirasgalegas.com

Botones sociales

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión