Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2015

Cómo presentarse a unha licitación ou concurso público de forma correcta

Os contratos públicos son unha oportunidade para incrementar o volume de negocio.

Este venres, día 15, comeza o Programa para empresas destinado a coñecer as oportunidades na Administración Pública.

Promovido e organizado pola Concellería de Emprego e Empresa do Concello da Coruña, desenvolverase ao longo de 3 sesións nas que se darán as claves e os consellos paa acceder con éxito a unha licitación na Administración Pública.

O programa presenta unha excelente oportunidade para que as pemes poidan coñecer a normativa e trámites específicos que rodean a contratación pública, xerando unha oportunidade para incrementar o seu volume de negocio, ademais de lle xerar á Administración máis opcións, á hora de elixir.

O programa consta de 3 xornadas:

1ª xornada: venres 15 de maio, de 9.30 a 11.00 h. Aproximación á contratación administrativa: cuestións xerais e prácticas para o empresario.

2ª xornada: venres 12 de xuño, de 9.30 a 11.00 h. Cuestións específicas e prácticas: contratos de obra pública.

3ª xornada: mércores 17 de xuño de 9.30 a 13.00 h. Cuestións específicas e prácticas: contratos de servizos.

As xornadas terán lugar na Sede de Afundación e a inscrición é gratuíta a través da Asociación de Xoves Empresarios da provincia da Coruña no teléfono 981 915 635 ou mediante correo electrónico a info@ajecoruna.com

Documentos:

Oportunidades na Administración Pública (1020 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión