Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2015

Greenweekend, primeiro encontro en Galicia dirixido a potenciar proxectos en favor do medio ambiente

O evento realizarase entre o 17 e 19 de abril no Ágora e inscríbese dentro das accións desenvolvidas pola Área de Promoción Económica do Concello para o fomento da cultura emprendedora, a mellora do tecido empresarial e a xeración de emprego.

O Concello, a través da Área de Emprego e Empresa e en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, fomentará a cultura emprendedora no ámbito da economía verde coa realización de Greenweekend, un encontro de dirixido a profesionais e emprendedores do sector ambiental cuxa finalidade é ser un foro de debate e unha plataforma para difundir ideas e proxectos innovadores. Greenweekend desenvolveuse, ata o momento, en Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Murcia e Huelva.

Na presentación da iniciativa, a tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, explicou que a realización na Coruña de Greenweekend forma parte da estratexia do Goberno local de apoiar a empresas que velen polo medio ambiente. “É a mellor vía para conseguir unha economía sostible e responsable”, dixo a concelleira.

Greenweekend realizarase do 17 ao 19 de abril no Ágora e consistirá en xornadas de traballo intensivas: dende talleres ata servizos de asesoramento e sesións de networking a disposición das persoas asistentes. O seu principal obxectivo é promover proxectos empresariais que favorezan a economía verde na cidade. A inscrición ás xornadas, grazas á colaboración do Concello, é gratuíta, e as persoas interesadas pódense inscribir en http://acoruna.greenweekend.org.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión