Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura Queeruña

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

28/06/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Ven á presentación do primeiro club de lectura LGTBI de Galicia!

Neste encontro explicaremos a dinámica do club de cara ao vindeiro curso, que dará comezo en setembro ou outubro. Comentaremos tamén a primeira das lecturas que realizaremos: ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeanette Winterson.

A partir desta primeira xuntanza, teremos un encontro físico o último mércores de cada mes. Por suposto, estaremos conectados tamén polo blog e o twitter

Onde vai ter lugar?

Nun primeiro momento, ata decembro, terá lugar na Biblioteca Ágora. Despois, a primeiros de ano, iremos alternando entre esta biblioteca e a do Fórum Metropolitano. Será un club itinerante por estas dúas bibliotecas, pero ano a ano iremos incluíndo outras bibliotecas para que o club chegue a todos os barrios da cidade e podades coñecer mellor todo o que as biblios ofrecen en cada espazo.

Mecánica do club

Ao longo do mes trataremos distintas perspectivas do material que vaiamos revisar no espazo físico, a modo de proposta de guía de lectura e visionado.

No propio día do encontro, tras unha presentación breve da biblioteca, abriremos un debate sobre as liñas propostas no blog e novas suxerencias en base as inquedanzas que vos creara o material revisado.

Como me poido unir?

Para participar nos encontros envíanos os teus datos (nome, apelidos, número de soci@ das bibliotecas) a clubdelecturaqueerunha@gmail.com

 

A que esperas!? Únete!

 

Queres saber ...

  • Clubs de lectura

    Nos clubs de lectura compartimos lecturas e compartímonos. Queres unirte?

    Os clubs de lectura son grupos de persoas que comparten, de forma coordinada, unha lectura e que logo a comentan e valoran. Desde as bibliotecas proporcionamos os libros que os clubs necesitan para dar inicio a esta conversa e tamén coordinamos algúns dos grupos onde teñen cabida persoas moi diferentes entre si e intereses de moitos tipos. Non se necesita un nivel de lectura experto, pero si inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións de forma respectuosa e aberta. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Se estás en procura dun club de lectura e pensas que aquí o podes atopar, bota unha ollada á ampla oferta de clubs de lectura que temos en marcha. Poderás inscribirte desde as 10.00 h do 4 de setembro e ata o 24 do mesmo mes a través da páxina web, presencialmente na túa biblioteca ou chamándonos por teléfono.

    Le nos clubs xerais todo tipo de xéneros, estilos, épocas,...

    Realiza nos clubs de lectura por temática as súas lecturas sempre seguindo un fío condutor: un formato, unha temática, un xénero literario etc.

    Son os clubs de lectura por lingua aqueles que len nun único idioma: o galego.

    O club de lectura virtual é o grupo de lectura no que non hai unha data e hora concretas para as reunións e debates: toda a participación realízase nun blog.

    Os clubs de lectura infantís e xuvenís son  aqueles que ofrecen lecturas adaptadas a estas idades.

    Os clubs de lectura cidadáns son os grupos autónomos de persoas que nos solicitan libros en préstamo e que se reúnen fóra das bibliotecas.

    O club de lectura fácil: Fiando historias,  é o grupo de lectura dirixido a pacientes de saúde mental e que ten por obxectivo axudar ás persoas partícipes dunha actividade a mellorar o seu nivel de participación activa na sociedade.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión