Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Charlas: a biodiversidade na túa cidade

Imaxe dun falcón peregrino

Fotografía dun falcón peregrino tomada do flick de David Remsen

Unha introdución ao descubrimento de insospeitadas especies que habitan na nosa cidade, e á de especiais recunchos nos que se detecta a súa presenza con máis facilidade. Interesantes historias de convivencia, de viaxes e rutas fascinantes, e de curiosos hábitos e costumes.

O Concello da Coruña, a través de @CorunaSostible, propoñen xuño como Un mes para pensar na nosa cidade e no noso planeta cunha serie de actividades entre as que se atopa o ciclo A natureza chega ás bibliotecas.

Un percorrido pola fauna da cidade ao longo das estacións e dos distintos ecosistemas urbanos.

Pequenas e sorprendentes historias de insospeitadas especies silvestres na Coruña. Tanto no mar aberto fronte á Torre de Hércules coma nas partes máis protexidas da ría ou do porto, as praias, os xardíns ou mesmo os tellados urbanos.

Co teu recentemente aberto sentido de naturalista urbano poderás seguirlle a pista a calquera especie.

Sen dúbida, un percorrido interesante e moi preto de todas nós.

Detalle do programa

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir indagando, procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web, etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e o botas de menos na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?