Fotografía tomada da web das Bibliotecas de Barcelona
Outras actividades
Para público en xeral
Todos os públicos
Dende o 13/05/2016 ata o 27/05/2016
os venres 13, 20 e 27 de maioXa rematou
981184384
Coñeces o fenómeno #Bookfacefriday. Infórmate, fai que un libro se convirta na túa cara e participa neste concurso!
Morgan Holzen, bibliotecaria da New York Public Library, quería animar á xente a participar nas redes sociais da biblioteca e pensou en incorporar libros nas súas publicacións. Inspirada nunca iniciativa anterior, Sleeveface, que usaba portadas de discos para reemplazar caras, pensou en facer o mesmo pero con libros.
A súa primeira publicación fíxoa coa autobiografía de Rob Lowe e usou o hashtag que dá título a este concurso: #bookfacefriday. Desde ese mesmo día, cada venres, lectores e lectoras, bibliotecas e librarías de todo o mundo publican fotos no seu Instagram onde a portada dun libro se convirte na súa cara.
Como participar?
Que consigo por participar?
Elixe un libro, convérteo na túa cara e sube a fotografía ao Instagram. Non esperes máis!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible