Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concurso de contos

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

ata 14 anos

Cando:

Dende o 02/05/2016 ata o 21/05/2016

Xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Con motivo das festas do barrio dos Rosales e coa ilusión de fomentar a lectura, desenvolver actividades creativas e premiar habilidades artísticas, a Asociación de veciños/as, en colaboración coa Biblioteca, convoca a VII edición do Concurso de Contos Os Rosales.

Poderán participar no concurso todos os nenos e nenas ata os 14 anos de idade sempre que as obras que presenten se axustense ao estipulado nas bases. As categorías establecidas son:

  • ata 7 anos
  • de 8 a 11 anos
  • de 12 a 14 anos

COMO PARTICIPAR

  • Os relatos deberán ser orixinais e inéditos. Tema libre.
  • Os contos poderán escribirse en lingua castelá ou en lingua galega.
  • Os textos poderán presentarse de dúas formas: a man (con letra moi clara!) ou a computador
  • Presentaranse en tamaño A4 e cubertos por unha soa cara. Máximo de 4 follas.
  • No caso de nenos que aínda non saben escribir, admitiranse contos transcritos polos pais ou contados a través de imaxes.
  • Cada participante poderá presentar como máximo un conto.
  • Os traballos realizados presentaranse baixo un "alias" ou pseudónimo. 
  • Os contos entregaranse no mostrador da sala infantil da Biblioteca Os Rosales dentro do prazo establecido.
  • Os representantes legais dos participantes consenten expresamente a publicación dos datos dos mesmos, así como fotografías e conto, nos medios onde a Biblioteca Municipal Os Rosales anuncie o resultado do concurso. Con todo, estes poderán en calquera momento exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1999.  Toda difusión farase citando o "alias" ou pseudónimo escollido.
  • O xurado estará formado polo persoal da biblioteca, que seleccionará tres finalistas por cada categoría. Os contos finalistas publicaranse no Facebook das Bibliotecas Municipais e da Asociación de veciños  para que os gañadores sexan elixidos por votación dos veciños.
  • Unha vez feito público o fallo do xurado, os traballos poderán ser retirados polos seus autores. Se trancorrido un mes non son recollidos, enténdese que renuncian aos seus traballos podendo neste caso os organizadores dispoñer libremente deles.
  • A participación neste concurso supón a aceptación dos termos da convocatoria expostos nas bases do concurso.

E OS PREMIOS...?

  • Establecerase un premio por categoría. Ademais, todos os gañadores, xunto cos seus traballos, serán protagonistas no próximo número da revista da Asociación.

 

E colorín e colorado, este conto aínda non está rematado!
Moita sorte a todos e a todas!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión