Concertos e recitais, Bebeteca
Para público en xeral, Bebés, Familias
23/04/2016
Xa rematou
De 17.30 a 18.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981189886
Trae un libro novo e The Chinese Birdwatchers daranche a cambio un dos seus discos.
A banda, que fai unha música que mestura poesía, folk, surf, bossa nova e rock, presenta o vindeiro sábado 23 de Abril no Garufa Club o seu último disco, ROADS. A súa teloneira será a cantante e compositora coruñesa Carmen Picado, gañadora do concurso “Outra + outra” da Fundación Paideia e a Deputación da Coruña e 3º premio do concurso “Cultivando Música” da man do Festival da Luz.
Antes de aterrar no Garufa, pasarán pola biblioteca para poñer a banda sonora ao Bebencontro especial que temos preparado para ese día.
Sen dúbida, un xeito especial de celebrar o Día Internacional do Libro.
Trae un libro e ven! Sairás con un disco dos The Chinese birdwatchers!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible