Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Abecedari@: I Salón do libro e da lectura da Coruña

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/12/2015 ata o 20/12/2015

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 11 a 14.30h polas mañás

De 18 a 22h polas tardes

Enderezo:

Mercado Municipal de San Agustín. Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

Cun programa con máis de 30 actividades, faráselle entrega dun premio á Biblioteca Municipal de Estudos Locais, recoñecida pola Xunta de Galicia como "biblioteca de especial interese"

Entre o próximo xoves 17 e domingo 20 de decembro, o Mercado Municipal de San Agustín acollerá o I Salón do libro e da lectura da Coruña que contará, como non podía ser doutra forma, coa presenza de editores, librarías e bibliotecas.

Combinarase a venda de exemplares con presentacións de libros, recitais, obradoiros, concertos ou mesas redondas.

No stand das bibliotecas poderás atopar unha exposición con materiais nos que A Coruña ten un papel protagonista, e descubrir as nosas recomendacións para regalar nestas datas.

Valo perder?

Queres saber ...

  • Feiras, salóns e eventos comunitarios

    En que consisten as feiras e salóns?

    Cada biblioteca participa en feiras, salóns e eventos comunitarios que teñen lugar nos seus barrios ou zonas de influencia, e xuntas, como rede de bibliotecas, naqueles cuxo ámbito de influencia é toda a cidade. O tipo de participación varía en función do tipo evento e as ganancias son diversas: dar a coñecer os servizos das bibliotecas á cidadanía que non as coñece, cooperar e compartir recursos con outras entidades e colectivos da comunidade etc.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión