Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos para adultos: un Nadal co meu avó?

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

17/12/2015

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre hasta completar aforo

Horario:

De 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Mercedes Conchado

bforum@coruna.es

981184298

Un contacontos para persoas adultas.

"Nunca poderei esquecer os momentos que compartín nestas festas coa miña familia, concretamente co meu avó; máis concretamente co meu avó Secundino. Lembro que de pequeno, desexaba que chegase o momento do brinde despois da cena de Noiteboa, nese intre, o meu avó miraba para min, chiscábame o ollo, e nos sentábamos xuntos no sofá, ó lado da lareira.... Ese era o momento máis especial das miñas festas de nadal, o momento no que, dos beizos do meu avó, saían interminables historias que quedaron prendidas para sempre no meu corazón"

RAMIRO NEIRA (Ribadavia, Ourense, 1977) é Diplomado en Maxisterio (especialista en Audición e Linguaxe) e ten moitos anos de experiencia en Galicia como actor, director, docente, productor e distribuidor de diferentes espectáculos de Teatro. Como actor traballou e traballa con diferentes grupos de Teatro: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán, entre outros.
Actualmente compaxina os seus traballos como docente, actor e director ca Coordinación de diferentes proxectos do Concello de A Coruña e do Forum Metropolitano, como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente de A Coruña.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión