Concello da Coruña

Concello da Coruña

BEBESCENA Primavera 2016

Espectáculos para público de 1 a 3 anos.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 3 anos.

 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/01/2016 ata o 17/05/2016

Xa rematou

Horario:

11.00 e 12.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 €. Abono 3 familiar: 15,00 € (mínimo un adulto e un menor).

Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.

Capacidade reducida

VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:

  • Despacho Central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto fesivos), de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes  (SÓ SE QUEDAN ENTRADAS DISPOÑIBLES)
  • Televenda: 902 044 226, de luns a venres, de 9:00 a 22:00, sábados de 14.00 a 22.00, domingos de 16.00 a 21.00 h 
  • Venda en liña: www.ticketea.com (pago con tarxeta)

 

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Documentos:

Bebescena Primavera 2016 (287 KB)

Todas as experiencias vividas nos primeiros anos de vida son fundamentais para cualquer ser humano e por iso, o paso por esta clase de vivencias aposta por invertir no futuro formando unha persoa diferente, nun sentido individual e social. Desexamos que eles poidan gozar jxnto cos  seus familiares e adultos acompañantes dunha experiencia única.

Espectáculos representados por actores, músicos, bailarins e outros profesionais expertos en primeira infancia, donde todo é posible sobre o escenario: as ilusións ópticas, os estados de equilibrio inexplicables, as danzas raras, as voces suxerentes, os obxetos extranos que aparecen desde os lugares mais insospeitados ... Nun momento onde aínda se están formando os sentidos, é maravilloso (en sentido literal) descubrir que as pingas de auga fan un ruido característico ou distorsionan unha imaxe, que a área é suave ou que a man de cualquera esconde un caracol (que llo pregunten aos dedos índice e meñique). Polo tanto, se algo ensina o teatro para bebés é que non só de palabras se alimentan os humanos, en especial ls máis pequenos.

Un ciclo para nenos de 1 a 3 anos en Ágora que complementa l Programación de Todo Público que coma sempre será no Forum Metropolitano. As obras seleccionadas para ambos ciclos son un bó reflexo a boa saúde do teatro para a infancia.

Facemos unha programación de artes escénicas para o público máis pequeño coa finalidade de:

  • Facilitar aos pais momentos gratos de achegamento cos seus bebés
  • Provocar novas experiencias para favorecer o desenrolo de sensibilidades
  • Crear hábitos culturais que ao non satisfacer necesidades naturais exixen o descubrimento e o densenrolo da vontade
  • Ofrecer recursos para a formación, na medida en que se acheguen elementos formativos para a infancia aínda que non buscamos o didactismo
  • Favorecer o densenrolo de hábitos de convivencia porque a asistencia a unha representación teatral supón un acto social.

A oferta de este semestre componse de 6 espectáculos, un ao mes.

 

ESPECTÁCULOS:

  • PEQUEÑA MAX. Arena en los bolsillos. Domingo 24 de xaneiro. Funcións: 11.00 e 12.30 h Duración: 30 minutos aprox.
  • BITELS PARA BEBÉS. Petita Mamaluga. Domingo 14 de febreiro. Funcións: 11.00 e 12.30 h Duración: 35 minutos
  • EL MUNDO EN TUS MANOS. Experimentadanza. Domingo 13 de marzo. Funcións: 11.00 e 12.30 h Duración: 45 minutos
  • DULCE DE LECHE. Escena Miriñaque. Domingo 17 de abril. Funcións: 11.00 e 12.30 h Duración: 40 minutos
  • BB CIRCUS. Asacocirco. Domingo 8 de maio. Funcións: 11.00 e 12.30 h Duración: 45 minutos
  • XENTE MIÚDA MOITA FARTURA. Pablo Díaz. Martes 17 de maio Funcións: 11.00 e 12.30 h Duración: 40 minutos

 

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión