Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto benéfico da Fundación Tierra de Hombres

Presentación do disco "Dende as cordas do meu corazón" de Xoán Eiriz, a beneficio da Fundación Tierra de Hombres

Cando:

21/06/2014, de 20:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

8.00 € (carné xove, +65 anos ou desempregados: 6.00 €) a beneficio de Tierra de Hombres.

Televenda:

Ataquilla.com

Ademais de Xoán Eiriz, cantautor de música lixeira e popular, contaremos coa participación da Tuna de Veteranos da Coruña, a Coral Polifónica Santa María de Cambre e Juan Fernán & Richi Ponce.

O evento será presentado por Chus Castro.

Todo iso a beneficio do proxecto "Viaxe cara á vida" que leva a cabo a Fundación Tierra de Hombres en Galicia dende o ano 2006 e que permite o traslado e tratamento médico de nenos e nenas de África con enfermidades moi graves.

Información sobre o evento no tel.: 600 322 944.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Despacho de entradas do Ágora: o mesmo día dende unha hora antes (pago en efectivo)
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión