Enderezo:
Data:
30/08/2012
Horario:
De 21.00 a 22.30 horas.
Prezo:
10 €.
Observacións:
Documentos relacionados:
Unha fusión de cata e concerto comentada e explicada por Alejandro López, "sumiller" de Servino, coa música de Thiassos apta para todo tipo de padais e audiencias.
Dentro do fascinante mundo do viño, a harmonía entre este e a comida ocupa un lugar primordial. Cando a combinación é adecuada, todos eles ven realzadas as súas virtudes e potenciadas as súas características.
A música é tamén unha potente experiencia sensorial, xeralmente compartida pola danza ou a poesía, así como polo resto das Belas Artes. Ambos os mundos están cheos de sensibilidade e evocación, teñen a capacidade de provocar sorpresa, admiración, satisfacción e, en definitiva, pracer.
Estamos convencidos de que por iso a música tamén xoga un papel vital na harmonía do viño. Por iso apostamos por un espectáculo en directo que avive todos os sentidos creando unha comuñón de emocións única.